Inicio » Recomendado

  • Club de Debate 2014 – D5 – IES Luís Seoane – IES Valle Inclán

    Club de Debate 2014 – D5 – IES Luís Seoane – IES Valle Inclán

    Debate 5 – IES Luís Seoane – IES Valle Inclán Fase clasificatoria de Pontevedra: sábado 22 de febreiro de 2014, no salón de actos do Pazo da Cultura Tema:“ENCE-Elnosa ten que saír da ría”  

    Continuar lendo »

  • Club de Debate 2014 – D1 – IES de Ponte Caldelas – I ES A Xunqueira 1

    Club de Debate 2014 – D1 – IES de Ponte Caldelas – I ES A Xunqueira 1

    Debate 1 – IES de Ponte Caldelas -I ES A Xunqueira 1 Fase clasificatoria de Pontevedra: sábado 22 de febreiro de 2014, no salón de actos do Pazo da Cultura Tema:“ENCE-Elnosa ten que saír da ría”      

    Continuar lendo »

  • No mar da Ferrería

    No mar da Ferrería

    Na noite do pasado martes, as rúas de Pontevedra acolleron a segunda edición de la “Noite Pirata”. O Burla Negra e o Morning Star, surcaron as rúas ata atoparse proa a proa no mar da praza da Ferrería , alí deron conta dunha batalla en recordo do pirata pontevedrés Benito Soto.

    Continuar lendo »

  •  
  • Final da XXII Edición do Concurso de Murgas

    Final da XXII Edición do Concurso de Murgas

    Aquí tendes a final do XXII Concurso de Murgas, despois de deliberar o xurado quedou a clasificación con resultado seguinte: Murga PTV “Penitentes de Toda la Vida” – Pontevedra 60 puntos. (2h:13m aprox) Murga feminina “Lo que el Gobierno se llevó” – Pontevedra 54 puntos. (1h:33m aprox) Murga “Os da Bayuca” . O Grove 52 puntos. (20m aprox) Murga “Equipo Ja” – Pontevedra 49 puntos. (53m aprox)

    Continuar lendo »

  • “AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS”

    “AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS”

    A superstición popular e os seus amuletos protagonizan a exposición temporal do Museo Liste-Etnográfico de Vigo, “AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS”,que poderase visitar ata o próximo 31 de xullo. A sala recolle máis de 100 obxectos, propiedade do pontevedrés Carlos Solla, que ofrecen un percorrido polos talismáns empregados antano para gardarse dos malos espíritos e favorecer a saúde. A exposición “De rezos e conxuros” conten máis de cen obxectos aos que se lle asignan propiedades preservativas, defensivas,sandadoras ou propiciatorias. “Obxectos de poder” refírese ao estudo dos obxectos asociados […]

    Continuar lendo »

  • Premios Cidade de Pontevedra 2012

    Premios Cidade de Pontevedra 2012

    David Cal e Hifas da Terra son os novos premios Cidade de Pontevedra 2012.Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de entregar os galardóns nos apartados de persoa física e colectivo e no seu discurso destacou un concepto que os define: o esforzo ”Esforzo,abnegación dedicación ás actividades deportiva e empresarial,que teñen máis magnitudes en común das que se puidera pensar,especialmente se se realizan en contornas competitivas de máxima esixencia,como e o caso dos nosos premiados”.

    Continuar lendo »

  •  
  • Manuel Aramburu: Da infancia á madurez

    Manuel Aramburu: Da infancia á madurez

    O Museo de Pontevedra vén de inaugurar unha exposición antolóxica da obra do pintor Manuel Aramburu. Comisariada por Celestino Lores e apoiada pola Deputación, a escolma recolle traballos que percorren toda a traxectoria vital do artista. Un home que atopou a beleza entre os cascallos. Até o vindeiro 20 de xaneiro, no Sexto Edificio.

    Continuar lendo »

  • Ponte de que? Pontedetapas a fartar

    Ponte de que? Pontedetapas a fartar

    Todo listo para a V edición de Pontedetapas. Será dende o vindeiro día 23 e até o 9 de decembro. Tempo suficiente para que todos os lambóns de Pontevedra e de fóra poidamos degustar todas esas delicias en pequeno que competirán por levarse o primeiro premio por votación directa dos comellóns. Así o explicaron hoxe Carlota Román, concelleira de Promoción Económica e Turismo, e o presidente da Asociación de Hosteleiros Asociados de Pontevedra, Salvador Santiago. Este ano, e como novidade, os que imos rañar o peto para comer de bar en bar poderemos gañar, ademais dos xa clásicos viaxes, cheques de compra para gastar no comercio local na campaña do Nadal.

    Continuar lendo »

  • PontevedraViva nos vieiros do novo xornalismo

    PontevedraViva nos vieiros do novo xornalismo

    Fronte aos funerais xornalísticos, PontevedraViva. E fronte ao silenciamento de voces, altofalantes dixitais. Sete xornalistas pontevedreses (Natalia Puga, Ramiro Espiño, Álex Espiño, Diego Espiño, Anxo Lourido, Óskar Viéitez e Diego Torrado) veñen de poñer en marcha un novo proxecto informativo na rede que cambia o concepto clásico das regras da comunicación na nosa cidade. Inmediatez, rigorosidade, xeolocalización, redes sociais, participación cidadá e moitas cousas máis caben nunha iniciativa empresarial que aventura os novos camiños do xornalismo. Benvidos, e como xa dixemos dende Ponte.tv: Longa vida.

    Continuar lendo »

  •  
  • Xogo de espellos na política municipal: sete preguntas para tres políticos

    Xogo de espellos na política municipal: sete preguntas para tres políticos

    Foron sete preguntas pechadas que descoñecían para sete respostas por parte dos tres líderes políticos municipais: Miguel Anxo Fernández Lores, o alcalde do BNG; Antón Louro, o Tenente Alcalde do PSdeG; e Jacobo Moreira, o líder da oposición do PP. Cando se cumpriu un ano do novo mandato, Ponte.tv plantexoulles este xogo de espellos, que non xogo de tronos, no que cada un deles, no lugar que escolleu, respondeu por separado sen saber o posicionamento dos demais co obxectivo de contrastar as súas respostas en temas como o movimento do 15-M, o traslado de Ence, o transporte urbano, as descalificacións persoais nas que caeu a política local, o desacordo en materia sanitaria e unamidade, por contra, no rescate a un equipo de fútbol que é unha Sociedade Anónima Deportiva. Nós unicamente preguntamos; eles respostaron: este é o resultado. Agora sodes vós aos que lles corresponde valorar as súas intervencións, porque hai matices moi interesantes. Compartide, difundide e debatede.

    Continuar lendo »

  • Noite pirata: Benito Soto non fixo prisioneiros

    Noite pirata: Benito Soto non fixo prisioneiros

    Arribou á Moureira no Burla Negra cando todos lle daban por morto. Benito Soto, o último pirata do Atlántico, desembarcou en Pontevedra e non fixo prisioneiros.

    Continuar lendo »

  • Unha noite de retranca coas Murgas

    Unha noite de retranca coas Murgas

    O Pazo da Cultura de Pontevedra quedouse pequeno un ano máis para acoller o concurso de Murgas o pasado 23 de febreiro. Tivemos de todo e para todos os gustos. Os temas, como podedes imaxinar, relacionados coa máis rabiosa actualidade.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais