Degusta Solidariedade
A iniciativa deuse en chamar Degusta Solidariedade. Detrás dela esataba a empresa Asistogal, que organizou unha cea cocktail no Casino da Toxa para recadar fondos para Cáritas con destino aos máis necesitados do Grove. Alá se xuntaron cociñeiros como Pepe Solla, Javier Olleros e Beatriz Sotelo entre outros, todos eles do Grupo Nove, ademáis do campión galego de corte de xamón, José Manuel Cid. Gastronomía de altura para unha iniciativa solidaria.

