Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda
O Pontevedra Club de Fútbol impúxose por dous goles a un ante o Dorneda nun encontro que os granates remontaron na segunda metade, logo de que os coruñeses adiantáranse grazas a Miche no último tramo do primeiro tempo. Jacobo, despois dunha gran xogada de Caco, e Richi fóron os goleadores. Santi Domínguez errou un lanzamento de penalti nun partido áspero e sufrido para os granates, que non se descolgan dos postos altos e coa mirada fixa xa na visita a Ferrol.

