27 Xullo, 2012 / Cultura
A guerra entre Concello e Deputación, entre Deputación e Concello polo Museo de Pontevedra sumou onte unha nova batalla dialéctica. O concelleiro Luís Bará aproveitou o anuncio dunha nova moción do seu grupo para cargar contra o presidente da Deputación, “que se move nos sumidoiros da política”, e ao que acusou de asaltar a institución para o seu control político. Bará apuntou de novo a exposición de motos históricas, mostra que, segundo se desprende das súas verbas, montouse para pagar favores políticos ao dono das motocicletas, un dos propiciadores da moción de censura de Gondomar. Ademais, Luís Bará reprochoulle a Rafael Louzán as súas imaxes sobre unha BMW do exército Nazi no norte de África da II Guerra Mundial e lembroulle que “as orellas están para escoitar e non de adorno”.
Continuar lendo »