A historia interminable do soterramento da LAT de Monteporreiro
O Pleno do Concello de hoxe serviu tamén para escenificar a incapacidade dos tres grupos políticos con representación en Pontevedra para chegar a un acordo sobre o soterramento da Liña de Alta Tensión (LAT) de Monteporreiro, unha historia interminable. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lembroulle ao PP que o único que fixo algo polo barrio pontevedrés neste eido foi o goberno local, e acusou a Xunta de utilizar aos veciños. Jacobo Moreira, pola súa banda, sinalou que o Concello deixou morrer o convenio asinado coa Consellería de Industria para o soterramento da LAT e retratou ao alcalde como un mal humorista diante da veciñanza.

