Rapoemas de ”Aid” no Principal
A Concellaría de Normalización Lingüística organizou un concerto da rapeira Aid no Teatro Principal de Pontevedra. Asistiron máis de 400 alumnos/as dos IES A Xunqueira 1, Sánchez Cantón, Frei Martín Sarmiento, Luís Seoane, do colexio Salvador Moreno e da asociación Amencer, co fin de achegarse á música feita en galego, asociar o galego ao lecer e incentivar o uso da nosa lingua entre a mocidade. Esta actividade remata os obradoiros de rap en galego nos que participaron 350 estudantes de ESO [...]

