Inicio » Posts tagged 'Ascenso'

  • Rematou o soño do ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol

    Rematou o soño do ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol

    Rematou o soño do ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol. Os granates perderon por tres goles a cero ante un RCD Espanyol B que, desta volta, como ‘periquitos’ voaron máis alto. O primeiro gol chegou ben cedo, no minuto 19, e marcouno Christian Alfonso. Antes de rematar o pirmeiro tempo os de Milo Abelleira xa perdían por dous a cero cun tanto de Bacari. O Espanyol rematou coas poucas opción dos pontevedreses no minuto 74, cun segundo gol de Christian Alfonso. Aquí vos deixamos un resumo das xogadas máis destacadas grazas a Barcelona Televisió.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra terá que voar máis alto cós ‘periquitos’

    O Pontevedra terá que voar máis alto cós ‘periquitos’

    Xa está. O Pontevedra CF xogará a primeira eliminatoria do play-off de ascenso contra o Espanyol B, o filial dos ‘periquitos’. O envite será o vindeiro domingo en Pasarón ás 18.00 horas. No clube granate ben saben que os equipos filiais teñen moitas cousas boas, pero tamén outras tantas negativas.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra loitará polo ascenso tras gañar á UD Somozas

    O Pontevedra loitará polo ascenso tras gañar á UD Somozas

    A victoria do Pontevedra Club de Fútbol a domicilio por dous goles a tres ante a UD Somozas permite aos de Milo Abelleira loitar polo ascenso. Os granates pasaron apuros na parte final do encontro, pero fixeron valer os goles de Javi Pazos, David Pérez e Sidi. O club de Pasarón, que estivo acompañado no Municipal de Pardiñas por centos de pontevedreses, coñecerá hoxe luns quen será o seu rival no play-off.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais