Quen Somos

O que tedes diante dos vosos ollos é Ponte.TV, a túa cidade na rede. Un proxecto pioneiro de carácter audiovisual e xornalístico en Pontevedra sustentado nas novas tecnoloxías. Pensado como ferramenta de comunicación innovadora, detrás de Ponte.TV, a túa cidade na rede, están un grupo de persoas con ampla experiencia no mundo da comunicación que pensan que aínda quedan nesta cidade moitas voces por escoitar.

En Ponte.TV conflúen emprendedores e profesionais da imaxe, das novas tecnoloxías e do xornalismo. Mundos que se entenden e se complementan para facer realidade o que hoxe tedes ao voso alcance.

Ponte.TV xorde da necesidade e da oportunidade. Da necesidade de facer máis amplo e diverso o abano da oferta comunicativa dunha cidade viva e da oportunidade que nos brindan as novas tecnoloxías.

Os que embarcamos neste proxecto pensamos que Ponte.TV, a túa cidade na rede ten que ser un punto de encontro. Unha Praza da Peregrina na Internet onde, pouquiño a pouquiño, a cidadanía, os emprendedores, os artistas, os músicos, os clubes deportivos, colectivos e organismos públicos e privados máis diversos atopen con nós unha nova canle de comunicación audiovisual e xornalística innovadora de calidade para vós.

 
 

Redes sociais