Inicio » Posts tagged 'Rafael Louzán'

  • Pontevedra en Fitur

    Pontevedra en Fitur

    O presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, mostrou as virtudes da provincia de Pontevedra no stan de Galicia en Fitur. Destacou os 600 kilómetros de litoral, mais de 300 praias, unha costa navegable todo o ano, mais de 5.000 prazas de amarre nos 40 portos deportivos. Tamén fixo referencia ao turismo termal, e de unha gastronomía e viticultura das mellores do mundo. Javier Guillén destacou a importancia de “La Vuelta” non so como evento deportivo de alto nivel, senón […]

    Continuar lendo »

  • A Deputación enterra o Organismo Autónomo do Museo

    A Deputación enterra o Organismo Autónomo do Museo

    O Pleno da Deputación, coa miaoría absoluta do PP, acordou hoxe definitivamente a disolución do Organismo Autónomo do Museo de Pontevedra logo de rexeitar as máis de 1.000 alegacións que se presentaron en contra da medida e que a deputada Ana Isabel Vázquez definiu como manipuladas. BNG e PSdeG, que reclamaron sen éxito a retirada da orde do día deste acordo, apuntaron motivos políticos e de toma de control por parte da Deputación no Museo para eliminar o Organismo Autónomo, que pasará agora a ser un servizo máis do organismo provincial, que apela ao aforro e a eficiencia no gasto para xustificar a súa decisión.

    Continuar lendo »

  • 21-O: Unha noite electoral longa para uns e moi curta para outros

    21-O: Unha noite electoral longa para uns e moi curta para outros

    O PP amplía a súa maioría absoluta en Galicia, Beiras saca músculo aos seus 76 anos con Alternativa Galega de Esquerda e PSdeG e BNG afúndense. Este é o resumo dunha xornada electoral, a de onte, cunha abstención, sumada aos votos nulos e en branco por riba do 40%. Se fixamos o foco en Pontevedra cidade a cousa cambia: o PP deixouse polo camiño máis de 4.715 votos con respecto a 2009, o PSdeG 6.400, mentras que o BNG incrementa o seu apoio en case un cento de votos e Alternativa Galega de Esquerda dispárase por riba dos 5.000. Estas son as valoracións dunha noite moi curta para uns e moi longa para outros.

    Continuar lendo »

  •  
  • Obxectivo: mellorar a accesibilidade de 264 locais electorais

    Obxectivo: mellorar a accesibilidade de 264 locais electorais

    A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, e a Deputación Provincial de Pontevedra, renovaron esta mañá o convenio de colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o estudo de accesibilidade nos colexios electorais da provincia de Pontevedra.

    Continuar lendo »

  • Pasarón tamén acollerá aos olímpicos e aos sub-21

    Pasarón tamén acollerá aos olímpicos e aos sub-21

    O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, foi o encargado de anuncialo onte. O estadio de Pasarón acollerá no ano 2013 novas visitas da selección española de fútbol: desta volta, serán os combinados olímpico e sub-21 os que afrontarán partidos oficias na capital das Rías Baixas. Asemade, Louzán confirmou o que xa era un segredo a voces: A selección absoluta volverán á provincia e xogará no estadio de Balaídos tamén no 2013.

    Continuar lendo »

  • Bará: “Louzán móvese nos sumidoiros da política”

    Bará: “Louzán móvese nos sumidoiros da política”

    A guerra entre Concello e Deputación, entre Deputación e Concello polo Museo de Pontevedra sumou onte unha nova batalla dialéctica. O concelleiro Luís Bará aproveitou o anuncio dunha nova moción do seu grupo para cargar contra o presidente da Deputación, “que se move nos sumidoiros da política”, e ao que acusou de asaltar a institución para o seu control político. Bará apuntou de novo a exposición de motos históricas, mostra que, segundo se desprende das súas verbas, montouse para pagar favores políticos ao dono das motocicletas, un dos propiciadores da moción de censura de Gondomar. Ademais, Luís Bará reprochoulle a Rafael Louzán as súas imaxes sobre unha BMW do exército Nazi no norte de África da II Guerra Mundial e lembroulle que “as orellas están para escoitar e non de adorno”.

    Continuar lendo »

  •  
  • Lores e Louzán: intercambio de ‘goles’ políticos a pé de campo

    Lores e Louzán: intercambio de ‘goles’ políticos a pé de campo

    O novo campo de fútbol de Marcón foi o lugar escollido para o primeiro cara a cara entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Deputación logo das seus últimas e particulares polémicas políticas: a supresión do Padroado do Museo e as obras de Pasarón mesturadas coa próxima visita da selección española de fútbol o vindeiro mes de setembro. Miguel Anxo Fernández Lores e Rafael Louzán sacaron toda a artillería para o intercambio público de golpes: polítcos, claro.

    Continuar lendo »

  • A supresión dos padroados quenta o Pleno da Deputación

    A supresión dos padroados quenta o Pleno da Deputación

    A supresión dos padroados por parte da Deputación, entre eles o do Museo de Pontevedra, quentou o Pleno Provincial que se desenvolveu no pazo de Montero Ríos o pasado venres. O presidente, Rafael Louzán, e o voceiro do BNG, Cesáreo Mosquera enleáronse nun agrio debate político cheo de reproches nun salón de plenos repleto de xente que quixo amosar o seu desacordo coas últimas decisións que está tomando a Deputación Provincial.

    Continuar lendo »

  • Louzán e Lores, Lores e Louzán: segue a lea a conta do Museo

    Louzán e Lores, Lores e Louzán: segue a lea a conta do Museo

    Suma e segue nos desencontros entre o alcalde e o presidente da Deputación. Desta volta a conta da supresión do Padroado do Museo por parte da institución provincial e á negativa de Rafael Louzán a recibir a Miguel Anxo Fernández Lores e a un grupo de representantes do colectivo Amigos do Museo que se plantaron hoxe no Pazo Provincial para solicitar á Deputación que reconsiderara a súa decisión antes do Pleno provincial no que se deu carpetazo definitivo ao asunto. O presidente da Deputación advertiu que a súa axenda non a marca o alcalde de Pontevedra.

    Continuar lendo »

  •  
  • O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores compareceu onte ante os medios para pedirlle ao presidente da Deputación que deixe sen efecto a súa intención de disolver o Padroado do Museo de Pontevedra porque “non se trata de ningún chiringuito”, e a súa importancia trascende á propia institución provincial e que decisións como a que se tomará este enres no Pleno do Pazo Provincial “degradan” a reputación do Museo. Rafael Louzán aproveitou o día de hoxe para lembrarlle que a Deputación leva investidos 30 millóns de euros no Museo, e decirlle ao alcalde que se preocupe de dar resposta aos problemas da cidade que levan anos sen solución pola súa nula xestión, tal e como recolleu Radio Pontevedra. Nova lea entre Lores e Louzán.

    Continuar lendo »

  • A Deputación incrementa o seu orzamento até os 152,7 millóns de euros

    A Deputación incrementa o seu orzamento até os 152,7 millóns de euros

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polos vicepresidentes José Manuel Figueroa e Xosé Crespo, presentou onte os orzamentos da institución para o ano 2012 que acadan os 152,7 millóns de euros, 15,7 máis que o ano pasado.

    Continuar lendo »

  • Deputación e empresarios: paro, aeroporto, peaxes e naval enriba da mesa

    Deputación e empresarios: paro, aeroporto, peaxes e naval enriba da mesa

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, mantiveron o mércores 2 de maio unha xuntanza cos seus respectivos equipos para buscar puntos en común. Enriba da mesa a preocupación polo paro, a política aeroportuaria, a situación do naval e a posibilidade de implantar peaxes nas vías de alta capacidade, unha medida que o representante dos empresarios criticou duramente cando Portugal a implantou e que agora a CEP non desbota para España baixo a premisa de que “o gratis acabouse”.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais