Inicio » Posts tagged 'PSdeG-PSOE'

  • Unha moción ‘boomerang’ con perda de soldos para o PP

    Unha moción ‘boomerang’ con perda de soldos para o PP

    O Pleno do Concello do pasado luns resolveuse dun xeito sorprendente. A moción que presentou o PP para rexeitar a asignación dun soldo máis ao novo edil do BNG na corporación, Miguel Filgueira, tornouse de seguido na perda de dúas adicacións exclusivas para os ‘populares’ das tres que tiñan. Nacionalistas e socialistas deron por rachado o pacto político do inicio do mandato en relación aos soldos dos edís e volveron ao acordado na anterior lexislatura: unha adicación exclusiva para o PP e 13 para os dous grupos de Goberno, BNG e PSdeG. Así se desenvolveu a lea.

    Continuar lendo »

  • Meijón imponse a Valcárcel cun resultado máis axustado do agardado

    Meijón imponse a Valcárcel cun resultado máis axustado do agardado

    Despois do Congreso Provincial tocaba Congreso Local no PSdeG-PSOE. E despois dun longo proceso que se desenvolveu o pasado venres e no que se puideron escoitar as diferentes sensibilidades que agora mesmo conviven no partido, os militantes, tal e como se agardaba, escolleron a Guillermo Meijón como novo secretario local. José Manuel Valcárcel, o candidato do sector crítico, sumou máis apoios dos inicialmente previstos. Ambas correntes fixeron un chamamento á unidade.

    Continuar lendo »

  • Rey tira de retranca ante o “es un payaso” de Caballero

    Rey tira de retranca ante o “es un payaso” de Caballero

    Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas de Reis e candidato perdedor do sector crítico do PSdeG-PSOE á Secretaría Provincial do partido, tirou hoxe de retranca, do bo humor e da corección política para enfrontar o “es un payaso” que Abel Caballero lle adicou e posteriormente negou tralo seu discurso antes das votacións. Rey afirma que aínda non veu o vídeo de Ponte.tv por saúde mental e para non enfadarse máis, pero que o verá, porque o seu discurso do pasado fin de semana, cheo de retranca e que non foi ben encaixado polo alcalde de Vigo, hai que entendelo en termos políticos e non ten nada que reprocharse nin agora nin nos seus máis de 30 anos de militancia socialista.

    Continuar lendo »

  •  
  • Santos Héctor nega que Caballero chamase “payaso” a José Manuel Rey

    Santos Héctor nega que Caballero chamase “payaso” a José Manuel Rey

    O novo secretario provincial do PSdeG-PSOE, Santos Héctor, reuniu onte por primeira vez á nova Executiva do partido en Pontevedra e negou a evidencia que recolleron as nosas cámaras o pasado venres no transcurso do Congreso. Segundo el mesmo dixo, Abel Caballero non exclamou un sonoro “es un payaso” en alusión ao alcalde de Caldas de Reis Juan Manuel Rey tralo seu discurso. Mentres el nega a maior, La Voz de Galicia publica hoxe que destacados militantes socialistas remitíronlle unha carta na que piden que se investigue o sucedido e se sancione a Abel Caballero.

    Continuar lendo »

  • Abel Caballero despáchase cun sonoro “es un payaso” tralo discurso de Rey

    Abel Caballero despáchase cun sonoro “es un payaso” tralo discurso de Rey

    Abel Caballero convertiuse no protagonista do Congreso Provincial do PSdeG-PSOE que se celebrou o sábado en Pontevedra e no que resultou elexido o vigués Santos Héctor como novo secretario provincial en sustitución de Modesto Pose. O alcalde vigués, nun claro síntoma de que as augas baixan revoltas no partido da rosa, foi grabado polas cámaras de Ponte.tv exclamando un sonoro “es un payaso” despois de escoitar o discurso de Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas, perdedor do Congreso e representante do sector crítico.

    Continuar lendo »

  • Os oficialistas gañan a partida ao sector crítico do PSdeG

    Os oficialistas gañan a partida ao sector crítico do PSdeG

    Os oito delegados que representarán a Pontevedra no Congreso Provincial do PSdeG-PSOE xa están elexidos. Os oficlalistas impuxéronse con cinco representantes (Guillermo Meijón, Margarita Castejón, José Antonio García Lores, Ana María Amil e Antón Louro) ao sector crítico (José Manuel Valcárcel, Teresa González e Juan Carlos Pérez).

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais