Inicio » Posts tagged 'PPdeG'

  • O negocio da morte subleva aos vivos: Louro chama “carroñero” a Moreira

    O negocio da morte subleva aos vivos: Louro chama “carroñero” a Moreira

    O negocio da morte en Pontevedra subleva aos vivos. Na rúa e no Pleno do Concello. A posibilidade de que na cidade acaben por instalarse até catro tanatorios-crematorios enfrontou hoxe aos representantes do goberno municipal e a oposición cun duro cruce de acusacións entre o tenente de alcalde e o voceiro do PP. Antón Louro, do PSdeG, chamou “carroñero” a Jacobo Moreira, que durante as súas intervencións cuestionou a utilidade do socialista á fronte da Concellería de Urbanismo.

    Continuar lendo »

  • Unha resaca electoral en clave local

    Unha resaca electoral en clave local

    Tralos resultados electorais do domingo chega a resaca. Doce para uns e amarga para outros. Dende primeira hora da mañá, os representantes das tres formacións políticas con representación no Concello de Pontevedra desfilaron ante os medios de comunicación para trasladar á cidadanía as súas sensacións. De euforia para o PPdeG a pesares dos máis de 4.700 votos que voaron con respecto a 2009; de satisfacción para o BNG, que ve como medran os seus apoios na cidade; e de absoluta decepción para o PSdeG, que perdeu máis de 6.000 votos.

    Continuar lendo »

  • 21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (II)

    21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (II)

    Na segunda xornada de Pontevedra pregunta, ciclo de encontros entre os diferentes partidos políticos e a cidadanía promovido polo movimento 15-M Indígnate Pontevedra, foi a quenda de PPdeG, Centro Democrático Liberal, Partido da Terra e Partido Comunista de los Pueblos de España-Comunistas da Galiza. Jacobo Moreira, José Manuel Palacín, José Tubío e María Quintillán deron a cara. Esta é a nosa escola do que alí aconteceu.

    Continuar lendo »

  •  
  • 21-O: comeza a campaña electoral

    21-O: comeza a campaña electoral

    Comeza a campaña electoral. Quince días por diante nos que os políticos acórdanse do votante, cando o votante acórdase deles os 365 días do ano e non para ben, a maior parte das veces. Quince días nos que as formacións políticas tentarán combatir a desafección e o desencanto cidadá. Así se ve e así se escoitou a tradicional pegada de carteis en Pontevedra. Atentos aos matices.

    Continuar lendo »

  • 21-O: PPdeG, PSdeG e BNG fronte ao desencanto

    21-O: PPdeG, PSdeG e BNG fronte ao desencanto

    PPdeG, PSdeG e BNG, os tres grupos políticos ‘clásicos’ do panorama electoral galego, afrontan as eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro có reto de combatir o desencanto e a desafección cidadá ante as vellas maneiras de facer política. Pontevedra será unha provincia clave na carreira por ocupar San Caetano, e por eso será Alberto Núñez Feijóo o cabeza de lista do PPdeG; Abel Losada, ex-voceiro dos socialistas no Parlamento, o do PSdeG; e Carlos Aymerich, ex-voceiro dos nacionalistas na cámara galega, o do BNG. Todos eles presentaron xa na cidade aos seus equipos electorales.

    Continuar lendo »

  • A Deputación elimina a paga extra de Nadal para os seus traballadores

    A Deputación elimina a paga extra de Nadal para os seus traballadores

    A Deputación de Pontevedra certificou hoxe a eliminación da paga extra de Nadal para os funcionarios do organismo provincial grazas á maioría absoluta do PP e coa oposición do PSdeG e do BNG. O debate no Pleno provincial, seguido dende as bancadas por numerosos traballadores, converteuse nun recordatorio das distintas políticas económicas seguidas dende o Goberno Central ao respecto dos empregados públicos. O Pleno convertiuse tamén no escenario para a toma de posesión do novo deputado provincial do PPdeG Fernando Guitián, alcalde de Gondomar.

    Continuar lendo »

  •  
  • Xogo de espellos na política municipal: sete preguntas para tres políticos

    Xogo de espellos na política municipal: sete preguntas para tres políticos

    Foron sete preguntas pechadas que descoñecían para sete respostas por parte dos tres líderes políticos municipais: Miguel Anxo Fernández Lores, o alcalde do BNG; Antón Louro, o Tenente Alcalde do PSdeG; e Jacobo Moreira, o líder da oposición do PP. Cando se cumpriu un ano do novo mandato, Ponte.tv plantexoulles este xogo de espellos, que non xogo de tronos, no que cada un deles, no lugar que escolleu, respondeu por separado sen saber o posicionamento dos demais co obxectivo de contrastar as súas respostas en temas como o movimento do 15-M, o traslado de Ence, o transporte urbano, as descalificacións persoais nas que caeu a política local, o desacordo en materia sanitaria e unamidade, por contra, no rescate a un equipo de fútbol que é unha Sociedade Anónima Deportiva. Nós unicamente preguntamos; eles respostaron: este é o resultado. Agora sodes vós aos que lles corresponde valorar as súas intervencións, porque hai matices moi interesantes. Compartide, difundide e debatede.

    Continuar lendo »

 
 

Redes sociais