Inicio » Posts tagged 'PP'

  • 21-O: Unha noite electoral longa para uns e moi curta para outros

    21-O: Unha noite electoral longa para uns e moi curta para outros

    O PP amplía a súa maioría absoluta en Galicia, Beiras saca músculo aos seus 76 anos con Alternativa Galega de Esquerda e PSdeG e BNG afúndense. Este é o resumo dunha xornada electoral, a de onte, cunha abstención, sumada aos votos nulos e en branco por riba do 40%. Se fixamos o foco en Pontevedra cidade a cousa cambia: o PP deixouse polo camiño máis de 4.715 votos con respecto a 2009, o PSdeG 6.400, mentras que o BNG incrementa o seu apoio en case un cento de votos e Alternativa Galega de Esquerda dispárase por riba dos 5.000. Estas son as valoracións dunha noite moi curta para uns e moi longa para outros.

    Continuar lendo »

  • Lores e Moreira: acordos e desacordos o día despois da extraña votación

    Lores e Moreira: acordos e desacordos o día despois da extraña votación

    O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o voceiro do grupo popular no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, saíron hoxe ao paso da extraña votación que protagonizaron onte os edís do PP no Pleno Municipal. Votación na que cinco concelleiros populares abstivénronse nunha proposta relativa as súas adicación exclusivas presentada polo seu propio voceiro, que non é outro que Jacbo Moreira. Acordos e desacordos no día despois.

    Continuar lendo »

  • Rebelión nas ringleiras do PP de Pontevedra

    Rebelión nas ringleiras do PP de Pontevedra

    O PP de Pontevedra mostrou hoxe no Pleno Municipal a súa desunión. Primeiro votou de forma conxunta contra a modificación de crédito que permitirá pagar a extraordinaria aos funcionarios do Concello como complemento de produtividade, e despois, de xeito sorprendente, cinco edís do seu grupo romperon a disciplina de voto e abstivéronse na votación que promoveu o seu voceiro, Jacobo Moreira, para que a única adicación exclusiva que lles queda poidera repartirse de xeito parcial entre dous concelleiros ‘populares’. O PP, a través de Moreiro, rexeitou de novo a proposta de BNG e PSdeG de recuperar as anteriores tres adicacións exclusivas que posuían.

    Continuar lendo »

  •  
  • Unha moción ‘boomerang’ con perda de soldos para o PP

    Unha moción ‘boomerang’ con perda de soldos para o PP

    O Pleno do Concello do pasado luns resolveuse dun xeito sorprendente. A moción que presentou o PP para rexeitar a asignación dun soldo máis ao novo edil do BNG na corporación, Miguel Filgueira, tornouse de seguido na perda de dúas adicacións exclusivas para os ‘populares’ das tres que tiñan. Nacionalistas e socialistas deron por rachado o pacto político do inicio do mandato en relación aos soldos dos edís e volveron ao acordado na anterior lexislatura: unha adicación exclusiva para o PP e 13 para os dous grupos de Goberno, BNG e PSdeG. Así se desenvolveu a lea.

    Continuar lendo »

  • Telmo Martín escenifica o seu adeus

    Telmo Martín escenifica o seu adeus

    Telmo Martín escenificou no Pleno municipal que se celebrou hoxe, luns 23 de abril, o seu adeus como edil do PP en Pontevedra. Trala súa anunciada marcha como referente dos populares na oposición, o controvertido político despediuse dando as grazas aos cidadáns que confiaron en el, eloxiando ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co que mantivo agrias disputas e ao resto de portavoces cos que compartiu estes anos de andaina pontevedresa. Martín di que se vai centrar na súa labor de deputado no Congreso logo de dous intentos errados por facerse coa Alcaldía da cidade. E asegura que marcha sentíndose perseguido.

    Continuar lendo »

  • O PP provincial pecha filas na Lanzada

    O PP provincial pecha filas na Lanzada

    Alcaldes, voceiros e cargos orgánicos do PP provincial con Rafael Louzán á cabeza iniciaron hoxe, venres 20, no centro vacacional que a Deputación ten na Lanzada unhas xornadas de traballo co obxectivo de poñer sobre a mesa os problemas que afectan aos distintos concellos e analizar a difícil situación económica e social do país. Durante esta fin de semana, a xunta directiva do partido escoitará, segundo informan eles mesmos, os problemas reais de persoas sen afiliación política para coñecer como percibe a cidadanía a actual situación.

    Continuar lendo »

  •  
  • Orzamentos do Estado: distintas visións dende Pontevedra

    Orzamentos do Estado: distintas visións dende Pontevedra

    PP, PSOE e BNG valoran os orzamentos do Estado para a cidade de Pontevedra. Os populares din que o Goberno Central cumprirá coa cidade, os socialistas creen que as cifras de investimento ningunean á capital da provincia e o BNG non ve mal os compromisos en materia de infraestruturas.

    Continuar lendo »

  • Lea na Deputación a conta da reforma laboral

    Lea na Deputación a conta da reforma laboral

    As faíscas da folga xeral do 29-M aviváronse no Pleno da Deputación Provincial a conta dunha moción presentada polo PSdeG-PSOE contra a reforma laboral aprobada polo Goberno Central. Socialistas e populares enlearonse nun debate sobre os efectos das súas políticas no mercado de traballo.

    Continuar lendo »

  • PP de Pontevedra: a vida despois de Telmo

    PP de Pontevedra: a vida despois de Telmo

    Jacobo Moreira, deputado autonómico, é o novo portavoz municipal do PP en Pontevedra trala renuncia de Telmo Martín. Os populares enfrontan agora unha nova etapa na cidade e Moreira desgrana as prioridades do seu grupo.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais