Inicio » Posts tagged 'Pontevedra CF'

  • Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda

    Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda

    O Pontevedra Club de Fútbol impúxose por dous goles a un ante o Dorneda nun encontro que os granates remontaron na segunda metade, logo de que os coruñeses adiantáranse grazas a Miche no último tramo do primeiro tempo. Jacobo, despois dunha gran xogada de Caco, e Richi fóron os goleadores. Santi Domínguez errou un lanzamento de penalti nun partido áspero e sufrido para os granates, que non se descolgan dos postos altos e coa mirada fixa xa na visita a Ferrol.

    Continuar lendo »

  • Victoria balsámica do Pontevedra en Pasarón nun partido tolo

    Victoria balsámica do Pontevedra en Pasarón nun partido tolo

    O Pontevedra venceu por catro goles a dous ao Clube Deportivo As Pontes nun partido tolo. Esta victoria balsámica, na que o equipo de Milo Abelleira sobrepúxose ao tempraneiro gol dos coruñeses, debe servir para que os granates volvan a engancharse cos postos altos da clasificación e sentar as bases da recuperación dun grupo que amosa demasiados síntomas de nerviosismo e que volve a contar con Caco. Santi Domínguez, outra vez, e Jacobo, ambos por partida dobre foron os goleadores. Nesta videocrónica do partido faltan os dous primeiros goles, que non puideron ser recollidos pola nosa cámara por problemas técnicos: sentímolo moito.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra estrélase contra o muro do Bergantiños

    O Pontevedra estrélase contra o muro do Bergantiños

    O Pontevedra Club de Fútbol estrelouse hoxe contra o muro de Bergantiños. Os de Carballo arrincaron un empate a un gol ante un equipo, o de Milo Abelleira, que xogou a ráfagas. A remolque dende a primeira metade, os granates empataron na segunda parte grazas a un novo gol de Santi Domínguez. O Pontevedra estragou innumerables ocasións para sumar os tres puntos ante un equipo da parte baixa da clasificación.

    Continuar lendo »

  •  
  • O Pontevedra non pasa do empate en Pasarón ante a UD Somozas

    O Pontevedra non pasa do empate en Pasarón ante a UD Somozas

    O Pontevedra Club de Fútbol empatou hoxe a un gol coa UD Somozas en Pasarón. O tempraneiro gol de Estefan na primeira metade foi neutralizado de seguido polos coruñeses e a igualada non se moveu do marcador a pesares dos intentos dos de Milo para desnivelar a balanza durante todo o segundo tempo.

    Continuar lendo »

  • Un Pontevedra desatado golea ao Céltiga en Pasarón

    Un Pontevedra desatado golea ao Céltiga en Pasarón

    O Pontevedra Club de Fútbol goleou hoxe ao Céltiga por catro goles a un nun encontro cós granates domiñaron de principio a fin. Os de Milo Abelleira, desatados en ataque, encarrilaron o partido xa no primeiro tempo con goles dun magnífico Santi Domínguez, Stefan e Tubo. O primeiro redondeou a súa primeira gran tarde en Pasarón cun gol de falta directa no primeiro tramo da segunda metade. Un erro defensivo colectivo e unha mala decisión de Lorenzo, que cometeu un penalti innecesario, regalaron o único gol do Céltiga en Pasarón. Vitaminas en forma de goleada para un Pontevedra que viña de sumar dúas derrotas consecutivas e que agora sitúase na terceira praza da clasificación.

    Continuar lendo »

  • Primeira derrota do Pontevedra CF

    Primeira derrota do Pontevedra CF

    Pasarón agardaba por un póker de victorias. Catro de catro. Pero o Racing Vilalbés impediuno. O gol dos visitantes cando agonizaba o primeiro tempo pesou moito no ánimo dos homes de Milo Abelleira, que non foron quen de atopar o xeito de abrir a defensa luguesa e pecaron de imprecisión e nerviosismo durante toda a segunda metade. Chegou a primeira derrota dos granates. Pola mínima, pero mantendo unha idea de fútbol combinativo que fai do Pontevedra un equipo a ter moi en conta.

    Continuar lendo »

  •  
  • Acordo pola viabilidade do Pontevedra C.F.

    Acordo pola viabilidade do Pontevedra C.F.

    O Consello de Administración do Pontevedra C.F, SAD acordou onte por unanimidade formular o plan de viabilidade qe permitirá a pervivencia do clube, en proceso concursal, os vindeiros anos e que se presentará de inmediato ante o Xulgado Mercantil número 1 da cidade. Haberá que apretarse o cinto en materia deportiva durante os primeiros meses, porque os cartos se destinarán de xeito prioritario ao pago das débedas. Asemade, ademais de garantirse un acordo para a continuidade de Milo Abeleira como Adestrador, proporase á Xunta Xeral de Accionistas unha reducción de capital para compensar as perdas. A economía imponse aos criterios deportivos.

    Continuar lendo »

  • Rematou o soño do ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol

    Rematou o soño do ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol

    Rematou o soño do ascenso para o Pontevedra Club de Fútbol. Os granates perderon por tres goles a cero ante un RCD Espanyol B que, desta volta, como ‘periquitos’ voaron máis alto. O primeiro gol chegou ben cedo, no minuto 19, e marcouno Christian Alfonso. Antes de rematar o pirmeiro tempo os de Milo Abelleira xa perdían por dous a cero cun tanto de Bacari. O Espanyol rematou coas poucas opción dos pontevedreses no minuto 74, cun segundo gol de Christian Alfonso. Aquí vos deixamos un resumo das xogadas máis destacadas grazas a Barcelona Televisió.

    Continuar lendo »

  • Granates e ‘pericos’ asinan un cero a cero en Pasarón

    Granates e ‘pericos’ asinan un cero a cero en Pasarón

    Pontevedra Club de Fútbol e Espanyol B asinaron un cero a cero hoxe en Pasarón. O mellor partido do cadro de Milo Abelleira no obtivo a recompensa do gol, logo de engaiolar aos ‘periquitos’ na segunda metade e dun tolo intercambio de golpes durante o primeiro tempo que demostrou as feblezas dos cataláns en defensa. Os granates xogarán todas as súas opcións de ascenso en Barcelona ante un rival que ten nos seus homes de ataque, en especial en Thievy, a súa mellor arma e coa baixa case segura de Bardal por lesión.

    Continuar lendo »

  •  
  • O Pontevedra confía nas súas posibilidades para derrotar ao Espanyol B

    O Pontevedra confía nas súas posibilidades para derrotar ao Espanyol B

    Xogadores e adestrador do Pontevedra CF téñeno claro: a clave ante o Espanyol B, os ‘periquitos’, estará na concentración e no traballo e en aproveitar as oportunidades de gol que se presenten en Pasarón. Todos son conscientes da importancia de non encaixar un gol na casa e chegar a Barcelona con vantaxe para afrontar o partido definitivo en Cataluña con certa solvencia.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra terá que voar máis alto cós ‘periquitos’

    O Pontevedra terá que voar máis alto cós ‘periquitos’

    Xa está. O Pontevedra CF xogará a primeira eliminatoria do play-off de ascenso contra o Espanyol B, o filial dos ‘periquitos’. O envite será o vindeiro domingo en Pasarón ás 18.00 horas. No clube granate ben saben que os equipos filiais teñen moitas cousas boas, pero tamén outras tantas negativas.

    Continuar lendo »

  • Unha festa da marea granate

    Unha festa da marea granate

    Centos de pontevedreses estiveron presentes o pasado domingo no Municipal de Pardiñas, nas Somozas. Unha boa mostra do que é e do que representa o Pontevedra Club de Fútbol, un equipo que ata en Terceira División é quen de arrastrar a un feixe de afeccionados na súa loita por seguir medrando. E iso que os de Milo Abelleira fixeron unha temporada do máis irregular.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais