Inicio » Posts tagged 'Pontevedra C. F.'

  • O Pontevedra gaña ao Alondras cun solitario gol de Pablo

    O Pontevedra gaña ao Alondras cun solitario gol de Pablo

    Un testarazo de Pablo cando o partido agonizaba foi suficiente para que o Pontevedra Club de Fútbol derrotase ao Alondras hoxe en Pasarón. Cando mellor xogaban os do Morrazo, o impecable remate do central a pase de Moisés dáballe os tres puntos aos de Milo Abelleira e enfriaba a un Alondras que puxo contra as cordas aos locais durante a segunda parte.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra empata no seu primeiro partido oficial da tempada

    O Pontevedra empata no seu primeiro partido oficial da tempada

    O primeiro partido oficial da tempada para o Pontevedra Club de Fútbol saldouse cun empate en Pasarón. Foi fronte ao Cerceda e no primeiro encontro da eliminatoria de Copa Federación. Pontevedreses e coruñeses non pasaron do empate a un gol nun enfrontamento no que os de Milo Abelleira deixaron boas sensacións. O Cerceda adiantouse no marcador no primeiro tempo con gol de Julio Bayo despois dun erro defensivo dos granates, e Tomás igualou a contenda antes de marchar para os vestiarios. Nada se moveu no marcador no segundo tempo, a pesares da superioridade local. Ata sete xogadores da canteira do Pontevedra Club de Fútbol chegaron a estar sobre o céspede de Pasarón.

    Continuar lendo »

  • Enxeñería financeira ao rescate do Pontevedra C.F.

    Enxeñería financeira ao rescate do Pontevedra C.F.

    A Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol avanzou o pasado luns no desenvolvemento dos mecanismos de enxeñería financeira encamiñados a reflotar a súa penosa situación económica. Aprobouse unha redución do capital social de 3,3 millóns de euros e o clube, en situación concursal, xa ten presentado o convenio cos acreedores ante o xulgado, que deberá ser aprobado primeiro polo xuíz e despois pola maioría dos accionistas. A débeda do Pontevedra C.F. ascende a 3,1 millóns de euros, da que haberá que pagar integramente algo máis de 660.000 euros.

    Continuar lendo »

  •  
  • Pontevedra C.F.: unha nova andaina para unha vella ilusión

    Pontevedra C.F.: unha nova andaina para unha vella ilusión

    O Pontevedra iniciou o pasado luns unha nova andaina para acadar unha vella ilusión: situar a un equipo histórico nunha categoría superior. O primeiro adestramento da pretempada dun plantel que, de seguro, aínda mudará moito para enfrontarse outra vez coa Terceira División desenvolveuse na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Ponte.tv estivo alí e falou co adestrador granate, Milo Abelleira.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra C.F. está fóra dos postos de loita polo ascenso

    O Pontevedra C.F. está fóra dos postos de loita polo ascenso

    A derrota do Pontevedra Club de Fútbol fronte ao Deportivo B por un gol a cero deixa aos granates fóra dos postos do play-off de ascenso a falta de tres xornadas para o remate da competición. E o que é aínda peor, o equipo de Milo Abilleira xa non dependen de si mesmo para acadar o desexado salto de categoría.

    Continuar lendo »

  • Amador, as luvas de Bueu no Bernabéu e no Camp Nou

    Amador, as luvas de Bueu no Bernabéu e no Camp Nou

    Amador Lorenzo Lemos traballaba cunhas luvas nas mans porque era porteiro. Pero porteiro de fútbol. Un porteiro pertencente a esa canteira que parece que se nos extingue que é a dos cancerbeiros galegos e que chegou a ser das mellores de España. Defendeu a portería do Pontevedra C.F., do Real Madrid, do Hércules, do Barcelona e do Murcia. Nada máis e nada menos. Aínda por riba, traballando agora para o Barcelona, foi o home que descubriu a un fenómeno como Thiago Alcántara e a outro que se chama Roberto Trashorras, un de Rábade que xoga cando quere. Tamén tivo tempo para montar un escola de fútbol para rapaces no seu Bueu natal.

    Continuar lendo »

  •  
  • O Pontevedra C.F. suma a súa sexta xornada consecutiva sen perder

    O Pontevedra C.F. suma a súa sexta xornada consecutiva sen perder

    Un novo empate do Pontevedra Club de Fútbol en Pasarón. Desta volta a un gol e fronte ao Racing de Ferrol. O partido ten dúas lecturas: a positiva, porque os granates suman a sexta xornada consecutiva sen perder e as súas aspiracións de xogar o play-off seguen intactas; e a negativa, porque ao equipo de Milo atragántaselle xogar na casa.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra C.F. pincha en Pasarón ante o Bergantiños

    O Pontevedra C.F. pincha en Pasarón ante o Bergantiños

    Pinchazo do Pontevedra Club de Fútbol en Pasarón. Os de Milo Abilleira non pasaron do empate a un co Bergantiños. Despois dunha boa primeira parte, os granates afundíronse no segundo tempo. Afogados e cun evidente baixón físico, os granates poideron perder os tres puntos no último suspiro.

    Continuar lendo »

  • Mauricio dixo que marchaba, pero queda no Pontevedra C.F.

    Mauricio dixo que marchaba, pero queda no Pontevedra C.F.

    Fai menos dunha semana que dixo que marchaba. Foi na Xunta de Accionistas que se desenvolveu no Teatro Principal. Pero finalmente Mauricio Rodríguez seguirá como presidente do Pontevedra C.F.. O Consello de Administración do clube, en situación concursal, así o ratificou na noitiña do luns 12 nas oficinas do equipo.

    Continuar lendo »

  •  
  • Mauricio anuncia que marcha do Pontevedra C. F.

    Mauricio anuncia que marcha do Pontevedra C. F.

    Tensa xunta de accionistas do Pontevedra C. F. a que se viviu o mércores día 7 no Teatro Principal. A maratoniana sesión, que se prolongou case catro horas, deixou unha sorpresa. O presidente, Mauricio Rodríguez, anunciou que marcha despois do nomeamento sorpresa de tres novos conselleiros.

    Continuar lendo »

 
 

Redes sociais