Inicio » Posts tagged 'Ponte.tv'

  • Ponte.tv en proceso de cambio: estreamos nova cabeceira

    Ponte.tv en proceso de cambio: estreamos nova cabeceira

    En Ponte.tv andamos inmersos nun proceso de cambio. Paseniño, sen facer ruído. E agora decidimos darlle unha volta á nosa imaxe. E por iso contamos coa colaboración de Sabela Sampedro, a creadora da nosa nova cabeceira, unha muller que, ademais dunha artista e dun talento galego, é realizadora e postprodutora audiovisual. O seu traballo é unha pequena mostra do camiño que collemos e que escollemos: agardamos que vos guste tanto como a nós.

    Continuar lendo »

  • Ponte.tv: chegamos ás 100.000 visitas!!!!

    Ponte.tv: chegamos ás 100.000 visitas!!!!

    Ponte.tv, a túa cidade na rede naceu o pasado 5 de marzo. Hoxe, exactamente cinco meses despois, o noso amigo Google Analytics acaba de darnos unha boa nova: chegamos ás 100.000 visitas!!!! Cen mil visitas que chegan dende todas partes. Pontevedra non ten fronteiras e Ponte.tv moito menos. Nada tería sido posible sen todos vós, que nos apoiastes e nos apoiades, e por este motivo non podemos decir outra cousa máis que grazas outra vez: Cen mil veces grazas e cen mil apertas máis grandes aínda. Nós temos corda aínda para rato.

    Continuar lendo »

  • Grazas, grazas e máis grazas

    Grazas, grazas e máis grazas

    Todos os que formamos parte deste proxecto que se chama Ponte.tv, a túa cidade na rede queremos darvos as grazas por estar con nós na nosa festa de presentación a noite do xoves 12 de abril. Grazas a Marcos da Sala Karma pola súa paciencia, grazas a Manel Loureiro, Manuel Jabois e Rodrigo Cota polas súas verbas e grazas aos Debuxos Reanimados pola súa bondade e o seu talento. Grazas a todos e cada un de vós. Vémonos na seguinte festa.

    Continuar lendo »

  •  
  • Ponte.tv, a túa cidade na rede

    Ponte.tv, a túa cidade na rede

    Pontevedra demanda novos proxectos. E Ponte.tv, a túa cidade na rede o é. Áxil e innovador. Unha nova andaina sustentada nas novas tecnoloxías pensada para comunicar e interactuar na nosa cidade.

    Continuar lendo »

  • Ponte.tv no Telexornal da RTVE

    Ponte.tv no Telexornal da RTVE

    Vídeo orixinal: http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-07-03-12/1342890/ Imos promover a creación do club de fans de Loreto Fernández, xornalista de RTVE en Pontevedra. Se ata parecemos uns profesionais serios e todo na entrevista. E aínda por riba tiveron o bo ollo de non sacarnos moito o ‘gotelé’ bonito que temos nas paredes da oficina. Aquí vos deixamos a gravación. Outra vez, grazas.

    Continuar lendo »

  • Entrevista en “A Tarde” da Radio Galega

    Entrevista en “A Tarde” da Radio Galega

    Grazas aos compañeiros de “A Tarde” da Radio Galega por terse ocupado de nós nun día tan importante. Aquí podedes escoitar a entrevista que nos fixeron hoxe:

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais