Inicio » Posts tagged 'Pleno municipal'

  • Premios Cidade de Pontevedra 2012

    Premios Cidade de Pontevedra 2012

    David Cal e Hifas da Terra son os novos premios Cidade de Pontevedra 2012.Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de entregar os galardóns nos apartados de persoa física e colectivo e no seu discurso destacou un concepto que os define: o esforzo ”Esforzo,abnegación dedicación ás actividades deportiva e empresarial,que teñen máis magnitudes en común das que se puidera pensar,especialmente se se realizan en contornas competitivas de máxima esixencia,como e o caso dos nosos premiados”.

    Continuar lendo »

  • Lores e Moreira: acordos e desacordos o día despois da extraña votación

    Lores e Moreira: acordos e desacordos o día despois da extraña votación

    O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o voceiro do grupo popular no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, saíron hoxe ao paso da extraña votación que protagonizaron onte os edís do PP no Pleno Municipal. Votación na que cinco concelleiros populares abstivénronse nunha proposta relativa as súas adicación exclusivas presentada polo seu propio voceiro, que non é outro que Jacbo Moreira. Acordos e desacordos no día despois.

    Continuar lendo »

  • Rebelión nas ringleiras do PP de Pontevedra

    Rebelión nas ringleiras do PP de Pontevedra

    O PP de Pontevedra mostrou hoxe no Pleno Municipal a súa desunión. Primeiro votou de forma conxunta contra a modificación de crédito que permitirá pagar a extraordinaria aos funcionarios do Concello como complemento de produtividade, e despois, de xeito sorprendente, cinco edís do seu grupo romperon a disciplina de voto e abstivéronse na votación que promoveu o seu voceiro, Jacobo Moreira, para que a única adicación exclusiva que lles queda poidera repartirse de xeito parcial entre dous concelleiros ‘populares’. O PP, a través de Moreiro, rexeitou de novo a proposta de BNG e PSdeG de recuperar as anteriores tres adicacións exclusivas que posuían.

    Continuar lendo »

  •  
  • Primeira refrega dialéctica entre Lores e Moreira nun Pleno Municipal

    Primeira refrega dialéctica entre Lores e Moreira nun Pleno Municipal

    Foi a conta das celebracións polo 25 aniversario de Miguel Anxo Fernández Lores como edil na corporación local. O novo portavoz da oposición, o popular Jacobo Moreira, e o alcalde de Pontevedra intercambiaron os seus primeiros golpes dialécticos no Pleno Municipal que se celebrou no Teatro Principal o pasado luns.

    Continuar lendo »

  • Enredo xudicial a conta da construción do novo hospital

    Enredo xudicial a conta da construción do novo hospital

    A marxe da despedida de Telmo Martín, o pleno municipal do pasado lunes 23 de abril evidenciou a fenda existente entre o grupo de goberno que conforman BNG e PSdeG e a oposición do PP en relación á construción do novo hospital de Monte Carrasco. Os primeiros sacaron adiante unha moción que apoia a presentación dun recurso xudicial contra a decisión da Xunta de Galicia de aprobar o proxecto sectorial e de supramunicipalidade da nova infraestrutura.

    Continuar lendo »

  • Telmo Martín escenifica o seu adeus

    Telmo Martín escenifica o seu adeus

    Telmo Martín escenificou no Pleno municipal que se celebrou hoxe, luns 23 de abril, o seu adeus como edil do PP en Pontevedra. Trala súa anunciada marcha como referente dos populares na oposición, o controvertido político despediuse dando as grazas aos cidadáns que confiaron en el, eloxiando ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co que mantivo agrias disputas e ao resto de portavoces cos que compartiu estes anos de andaina pontevedresa. Martín di que se vai centrar na súa labor de deputado no Congreso logo de dous intentos errados por facerse coa Alcaldía da cidade. E asegura que marcha sentíndose perseguido.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais