Inicio » Posts tagged 'Pasarón'

  • Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda

    Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda

    O Pontevedra Club de Fútbol impúxose por dous goles a un ante o Dorneda nun encontro que os granates remontaron na segunda metade, logo de que os coruñeses adiantáranse grazas a Miche no último tramo do primeiro tempo. Jacobo, despois dunha gran xogada de Caco, e Richi fóron os goleadores. Santi Domínguez errou un lanzamento de penalti nun partido áspero e sufrido para os granates, que non se descolgan dos postos altos e coa mirada fixa xa na visita a Ferrol.

    Continuar lendo »

  • Victoria balsámica do Pontevedra en Pasarón nun partido tolo

    Victoria balsámica do Pontevedra en Pasarón nun partido tolo

    O Pontevedra venceu por catro goles a dous ao Clube Deportivo As Pontes nun partido tolo. Esta victoria balsámica, na que o equipo de Milo Abelleira sobrepúxose ao tempraneiro gol dos coruñeses, debe servir para que os granates volvan a engancharse cos postos altos da clasificación e sentar as bases da recuperación dun grupo que amosa demasiados síntomas de nerviosismo e que volve a contar con Caco. Santi Domínguez, outra vez, e Jacobo, ambos por partida dobre foron os goleadores. Nesta videocrónica do partido faltan os dous primeiros goles, que non puideron ser recollidos pola nosa cámara por problemas técnicos: sentímolo moito.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra estrélase contra o muro do Bergantiños

    O Pontevedra estrélase contra o muro do Bergantiños

    O Pontevedra Club de Fútbol estrelouse hoxe contra o muro de Bergantiños. Os de Carballo arrincaron un empate a un gol ante un equipo, o de Milo Abelleira, que xogou a ráfagas. A remolque dende a primeira metade, os granates empataron na segunda parte grazas a un novo gol de Santi Domínguez. O Pontevedra estragou innumerables ocasións para sumar os tres puntos ante un equipo da parte baixa da clasificación.

    Continuar lendo »

  •  
  • Dous golazos de Santi Domínguez tumban ao Celta en Pasarón

    Dous golazos de Santi Domínguez tumban ao Celta en Pasarón

    Dous golazos de Santi Domínguez tumbaron ao Celta B en Pasarón e aúpan ao Pontevedra Club de Fútbol até a terceira posición da táboa de clasificación. O dianteiro granate foi o encargado de asinar as dúas dianas e redondear unha tarde perfecta para os de Milo Abelleira, que souberon sobrepoñerse a un maior dominio celtiña durante o derradeiro tramo da primeira metade e na reanudación do encontro tralo descanso.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra non pasa do empate en Pasarón ante a UD Somozas

    O Pontevedra non pasa do empate en Pasarón ante a UD Somozas

    O Pontevedra Club de Fútbol empatou hoxe a un gol coa UD Somozas en Pasarón. O tempraneiro gol de Estefan na primeira metade foi neutralizado de seguido polos coruñeses e a igualada non se moveu do marcador a pesares dos intentos dos de Milo para desnivelar a balanza durante todo o segundo tempo.

    Continuar lendo »

  • Un Pontevedra desatado golea ao Céltiga en Pasarón

    Un Pontevedra desatado golea ao Céltiga en Pasarón

    O Pontevedra Club de Fútbol goleou hoxe ao Céltiga por catro goles a un nun encontro cós granates domiñaron de principio a fin. Os de Milo Abelleira, desatados en ataque, encarrilaron o partido xa no primeiro tempo con goles dun magnífico Santi Domínguez, Stefan e Tubo. O primeiro redondeou a súa primeira gran tarde en Pasarón cun gol de falta directa no primeiro tramo da segunda metade. Un erro defensivo colectivo e unha mala decisión de Lorenzo, que cometeu un penalti innecesario, regalaron o único gol do Céltiga en Pasarón. Vitaminas en forma de goleada para un Pontevedra que viña de sumar dúas derrotas consecutivas e que agora sitúase na terceira praza da clasificación.

    Continuar lendo »

  •  
  • Primeira derrota do Pontevedra CF

    Primeira derrota do Pontevedra CF

    Pasarón agardaba por un póker de victorias. Catro de catro. Pero o Racing Vilalbés impediuno. O gol dos visitantes cando agonizaba o primeiro tempo pesou moito no ánimo dos homes de Milo Abelleira, que non foron quen de atopar o xeito de abrir a defensa luguesa e pecaron de imprecisión e nerviosismo durante toda a segunda metade. Chegou a primeira derrota dos granates. Pola mínima, pero mantendo unha idea de fútbol combinativo que fai do Pontevedra un equipo a ter moi en conta.

    Continuar lendo »

  • Pasarón tamén acollerá aos olímpicos e aos sub-21

    Pasarón tamén acollerá aos olímpicos e aos sub-21

    O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, foi o encargado de anuncialo onte. O estadio de Pasarón acollerá no ano 2013 novas visitas da selección española de fútbol: desta volta, serán os combinados olímpico e sub-21 os que afrontarán partidos oficias na capital das Rías Baixas. Asemade, Louzán confirmou o que xa era un segredo a voces: A selección absoluta volverán á provincia e xogará no estadio de Balaídos tamén no 2013.

    Continuar lendo »

  • Colas en Pasarón para ver o España-Arabia Saudí

    Colas en Pasarón para ver o España-Arabia Saudí

    Centos de persoas mobilizáronse onte para facerse cunha entrada para ver o partido que a selección española xogará contra Arabia Saudí en Pasarón esta mesma semana. A extensa ringleira que se formou dende primeira hora da mañá da unha mostra do tirón do equipo de Del Bosque. A aglomeración provocou pequenos problemas e xa se detectaron as primeiras revendas a pé de rúa.

    Continuar lendo »

  •  
  • O Pontevedra gaña ao Alondras cun solitario gol de Pablo

    O Pontevedra gaña ao Alondras cun solitario gol de Pablo

    Un testarazo de Pablo cando o partido agonizaba foi suficiente para que o Pontevedra Club de Fútbol derrotase ao Alondras hoxe en Pasarón. Cando mellor xogaban os do Morrazo, o impecable remate do central a pase de Moisés dáballe os tres puntos aos de Milo Abelleira e enfriaba a un Alondras que puxo contra as cordas aos locais durante a segunda parte.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra empata no seu primeiro partido oficial da tempada

    O Pontevedra empata no seu primeiro partido oficial da tempada

    O primeiro partido oficial da tempada para o Pontevedra Club de Fútbol saldouse cun empate en Pasarón. Foi fronte ao Cerceda e no primeiro encontro da eliminatoria de Copa Federación. Pontevedreses e coruñeses non pasaron do empate a un gol nun enfrontamento no que os de Milo Abelleira deixaron boas sensacións. O Cerceda adiantouse no marcador no primeiro tempo con gol de Julio Bayo despois dun erro defensivo dos granates, e Tomás igualou a contenda antes de marchar para os vestiarios. Nada se moveu no marcador no segundo tempo, a pesares da superioridade local. Ata sete xogadores da canteira do Pontevedra Club de Fútbol chegaron a estar sobre o céspede de Pasarón.

    Continuar lendo »

  • Pontevedra ultima os preparativos para o partido de España en Pasarón

    Pontevedra ultima os preparativos para o partido de España en Pasarón

    Pontevedra ultima os detalles do partido que o vindeiro mes de setembro xogará a selección española en Pasarón fronte a Arabia Saudí. Deputación e Concello semellan aparcar as súas diferenzas, e xunto coa Federación traballan, entre outras cousas, para que os socios de Pontevedra C. F. teñan preferencia á hora de conseguir entradas para o partido.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais