Inicio » Posts tagged 'O Garaxe Hermético'

  • ‘Trazo de xiz’ en Pontevedra

    ‘Trazo de xiz’ en Pontevedra

    Miguelanxo Prado estivo en Pontevedra fai uns días. E aproveitou a súa estadía na cidade para participar nunha masterclass no Garaxe Hermético e presentar -por fin- a edición en galego da súa obra máis internacional: ‘Trazo de xiz’. O historietista coruñés, mestre de toda unha xeración de galegos adicados á banda deseñada, contounos que a pesares dos retallamentos económicos todo está listo para afrontar unha nova edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’.

    Continuar lendo »

  • O Garaxe Hermético de Kiko da Silva

    O Garaxe Hermético de Kiko da Silva

    Kiko da Silva xa ten o seu Garaxe Hermético na rúa Álvaro Cunqueiro. Hermético para o pesimismo e permeable para o coñecemento. É a primeira escola de banda deseñada e ilustración de Galicia, e está en Pontevedra. Estivemos con Kiko e con Hobbes, o inseparable amigo de Calvin, nun espazo que se creou como unha homenaxe a Moebius para profesionalizar o traballo duns creadores que aínda hoxe son considerados polas facultades de Belas Artes como artistas de segunda ou un feixe de infantís alienados polos debuxiños.

    Continuar lendo »

 
 

Redes sociais