Inicio » Posts tagged 'Museo de Pontevedra'

  • Orixen pontevedrés de Cristóbal Colón

    Orixen pontevedrés de Cristóbal Colón

    Mª Carmen Hidalgo cóntanos o estudio realizado polo “Instituto del Patrimonio Cultural de España” sobre o material dos fondos de D. Celso García de la Riega sobre Colón

    Continuar lendo »

  • Manuel Aramburu: Da infancia á madurez

    Manuel Aramburu: Da infancia á madurez

    O Museo de Pontevedra vén de inaugurar unha exposición antolóxica da obra do pintor Manuel Aramburu. Comisariada por Celestino Lores e apoiada pola Deputación, a escolma recolle traballos que percorren toda a traxectoria vital do artista. Un home que atopou a beleza entre os cascallos. Até o vindeiro 20 de xaneiro, no Sexto Edificio.

    Continuar lendo »

  • Bolcotur ou o deporte como reclamo turístico

    Bolcotur ou o deporte como reclamo turístico

    Bolcotur, a bolsa de contratación turística de Pontevedra, orientada este ano ao deporte como reclamo turístico, abriu onte as súas portas no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.Trinta maioristas presentes no evento, máis de 100 hoteleiros representados e 25 expositores relacionados co deporte teñen ata mañá para facer de Bolcotur, escindida de Ferpalia e apadriñada agora pola Deputación, a referencia da contratación turística en Galicia e España.

    Continuar lendo »

  •  
  • Purificación García, a arte da imaxe

    Purificación García, a arte da imaxe

    Dende o pasado 4 de outubro até o vondeiro 11 de novembro, as salas de exposición temporais do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollen a mostra Purificación García, Premio Bienal de Fotografía. A escolma que amadriña a deseñadora de moda de Ourense reúne as obras seleccionadas e premiadas na novena edición deste certame.

    Continuar lendo »

  • O talento emerxente faise un oco no Museo

    O talento emerxente faise un oco no Museo

    Dende o pasado venres pode verse xa no sexto edificio do Museo unha nova exposición do certame de Novos Valores que promove a Deputación. Un total de 38 obras das máis de cen que se seleccionaron. Nesta ocasión, os galardoados foron Avelino David Fidalgo Omil co primeiro premio polo seu vídeo Animación x animación; Antía Cea García pola escultura Memoria dun depósito; e Marta López López polo seu debux Surrounded, 2012.

    Continuar lendo »

  • Bará: “Louzán móvese nos sumidoiros da política”

    Bará: “Louzán móvese nos sumidoiros da política”

    A guerra entre Concello e Deputación, entre Deputación e Concello polo Museo de Pontevedra sumou onte unha nova batalla dialéctica. O concelleiro Luís Bará aproveitou o anuncio dunha nova moción do seu grupo para cargar contra o presidente da Deputación, “que se move nos sumidoiros da política”, e ao que acusou de asaltar a institución para o seu control político. Bará apuntou de novo a exposición de motos históricas, mostra que, segundo se desprende das súas verbas, montouse para pagar favores políticos ao dono das motocicletas, un dos propiciadores da moción de censura de Gondomar. Ademais, Luís Bará reprochoulle a Rafael Louzán as súas imaxes sobre unha BMW do exército Nazi no norte de África da II Guerra Mundial e lembroulle que “as orellas están para escoitar e non de adorno”.

    Continuar lendo »

  •  
  • Ana Isabel Vázquez: “El Museo es de todos y no de un sector concreto”

    Ana Isabel Vázquez: “El Museo es de todos y no de un sector concreto”

    A presidenta executiva do Museo de Pontevedra, a deputada e concelleira popular Ana Isabel Vázquez, defende a decisión da Deputación Provincial de transformar o organismo autónomo do Museo nun servizo máis do organismo que preside Rafael Louzán. Nega que se está politizando o seu funcionamento, di que o Museo de Pontevedra é de todos e non dun sector concreto e sostén que o aluvión de críticas que está recibindo a decisión non teñen base real. Tamén fai autocrítica, porque a eliminación do organismo autónomo podería terse explicado doutro xeito.

    Continuar lendo »

  • A cidadanía únese a prol do Museo de Pontevedra

    A cidadanía únese a prol do Museo de Pontevedra

    Representantes dos máis diversos sectores da sociedade pontevedresa uníronse a pasada semana para escenificar e facer público o seu rexeitamento á decisión da Deputación de Pontevedra de convertir o Museo de Pontevedra nun servizo máis do ente provincial tras aprobar a eliminación do seu actual status.

    Continuar lendo »

  • A supresión dos padroados quenta o Pleno da Deputación

    A supresión dos padroados quenta o Pleno da Deputación

    A supresión dos padroados por parte da Deputación, entre eles o do Museo de Pontevedra, quentou o Pleno Provincial que se desenvolveu no pazo de Montero Ríos o pasado venres. O presidente, Rafael Louzán, e o voceiro do BNG, Cesáreo Mosquera enleáronse nun agrio debate político cheo de reproches nun salón de plenos repleto de xente que quixo amosar o seu desacordo coas últimas decisións que está tomando a Deputación Provincial.

    Continuar lendo »

  •  
  • O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores compareceu onte ante os medios para pedirlle ao presidente da Deputación que deixe sen efecto a súa intención de disolver o Padroado do Museo de Pontevedra porque “non se trata de ningún chiringuito”, e a súa importancia trascende á propia institución provincial e que decisións como a que se tomará este enres no Pleno do Pazo Provincial “degradan” a reputación do Museo. Rafael Louzán aproveitou o día de hoxe para lembrarlle que a Deputación leva investidos 30 millóns de euros no Museo, e decirlle ao alcalde que se preocupe de dar resposta aos problemas da cidade que levan anos sen solución pola súa nula xestión, tal e como recolleu Radio Pontevedra. Nova lea entre Lores e Louzán.

    Continuar lendo »

  • Castelao faise xigante no Museo de Pontevedra

    Castelao faise xigante no Museo de Pontevedra

    O Museo de Pontevedra acaba de incorporar á súa colección de Castelao tres obras de gran formato da autoría do escritor, pintor, debuxante, médico e político Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao e un retrato de Manuel Quiroga. Esta incorporación foi posible grazas a un convenio de colaboración establecido entre a Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega (RAG) que accedeu a depositar estas obras de forma indefinida e permanente neste centro cultural.

    Continuar lendo »

  • Cen anos sobre rodas no Museo

    Cen anos sobre rodas no Museo

    O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle un fantástico percorrido pola historia do motociclismo desde os seus inicios ata os nosos días, nunha exposición de motos históricas que está chamada a recibir a visita de milleiros de persoas de dentro e fóra de Galicia.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais