O Garaxe Hermético de Kiko da Silva

Kiko da Silva xa ten o seu Garaxe Hermético na rúa Álvaro Cunqueiro. Hermético para o pesimismo e permeable para o coñecemento. É a primeira escola de banda deseñada e ilustración de Galicia, e está en Pontevedra. Estivemos con Kiko e con Hobbes, o inseparable amigo de Calvin, nun espazo que se creou como unha homenaxe a Moebius para profesionalizar o traballo duns creadores que aínda hoxe son considerados polas facultades de Belas Artes como artistas de segunda ou un feixe de infantís alienados polos debuxiños.

Continuar lendo »