Inicio » Posts tagged 'Miguel Anxo Fernández Lores'

  • Premios Cidade de Pontevedra 2012

    Premios Cidade de Pontevedra 2012

    David Cal e Hifas da Terra son os novos premios Cidade de Pontevedra 2012.Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de entregar os galardóns nos apartados de persoa física e colectivo e no seu discurso destacou un concepto que os define: o esforzo ”Esforzo,abnegación dedicación ás actividades deportiva e empresarial,que teñen máis magnitudes en común das que se puidera pensar,especialmente se se realizan en contornas competitivas de máxima esixencia,como e o caso dos nosos premiados”.

    Continuar lendo »

  • Lores: “Non imos permitir a proliferación de crematorios”

    Lores: “Non imos permitir a proliferación de crematorios”

    O Concello de Pontevedra, a través do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, sostén que vai impedir a proliferación de crematorios na cidade, logo da polémica suscitada pola tramitación de até catro proxectos empresarias destas características. Deste xeito, o rexedor apoia sen fisuras ao seu tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, o socialista Antón Louro, que suspenderá a concesión de licencias para os crematorios mentras se busca unha regulación a súa instalación.

    Continuar lendo »

  • A historia interminable do soterramento da LAT de Monteporreiro

    A historia interminable do soterramento da LAT de Monteporreiro

    O Pleno do Concello de hoxe serviu tamén para escenificar a incapacidade dos tres grupos políticos con representación en Pontevedra para chegar a un acordo sobre o soterramento da Liña de Alta Tensión (LAT) de Monteporreiro, unha historia interminable. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lembroulle ao PP que o único que fixo algo polo barrio pontevedrés neste eido foi o goberno local, e acusou a Xunta de utilizar aos veciños. Jacobo Moreira, pola súa banda, sinalou que o Concello deixou morrer o convenio asinado coa Consellería de Industria para o soterramento da LAT e retratou ao alcalde como un mal humorista diante da veciñanza.

    Continuar lendo »

  •  
  • Unha resaca electoral en clave local

    Unha resaca electoral en clave local

    Tralos resultados electorais do domingo chega a resaca. Doce para uns e amarga para outros. Dende primeira hora da mañá, os representantes das tres formacións políticas con representación no Concello de Pontevedra desfilaron ante os medios de comunicación para trasladar á cidadanía as súas sensacións. De euforia para o PPdeG a pesares dos máis de 4.700 votos que voaron con respecto a 2009; de satisfacción para o BNG, que ve como medran os seus apoios na cidade; e de absoluta decepción para o PSdeG, que perdeu máis de 6.000 votos.

    Continuar lendo »

  • 21-O: comeza a campaña electoral

    21-O: comeza a campaña electoral

    Comeza a campaña electoral. Quince días por diante nos que os políticos acórdanse do votante, cando o votante acórdase deles os 365 días do ano e non para ben, a maior parte das veces. Quince días nos que as formacións políticas tentarán combatir a desafección e o desencanto cidadá. Así se ve e así se escoitou a tradicional pegada de carteis en Pontevedra. Atentos aos matices.

    Continuar lendo »

  • Lores e Moreira: acordos e desacordos o día despois da extraña votación

    Lores e Moreira: acordos e desacordos o día despois da extraña votación

    O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o voceiro do grupo popular no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, saíron hoxe ao paso da extraña votación que protagonizaron onte os edís do PP no Pleno Municipal. Votación na que cinco concelleiros populares abstivénronse nunha proposta relativa as súas adicación exclusivas presentada polo seu propio voceiro, que non é outro que Jacbo Moreira. Acordos e desacordos no día despois.

    Continuar lendo »

  •  
  • A detención do fotógrafo Rafa Estévez desata unha onda de indignación

    A detención do fotógrafo Rafa Estévez desata unha onda de indignación

    A detención do fotógrafo do Diario de Pontevedra Rafa Estévez onte no aeroporto de Peinador vén de desatar unha onda de indignación entre os profesionais do xornalismo e duras críticas por parte de BNG e PSdeG. Todos coinciden en sinalar a desproporción da actuación policial e a neglixencia do labor do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, presente no acto de recepción aos olímpicos no que se desenvolveron os acontecementos.

    Continuar lendo »

  • Unha moción ‘boomerang’ con perda de soldos para o PP

    Unha moción ‘boomerang’ con perda de soldos para o PP

    O Pleno do Concello do pasado luns resolveuse dun xeito sorprendente. A moción que presentou o PP para rexeitar a asignación dun soldo máis ao novo edil do BNG na corporación, Miguel Filgueira, tornouse de seguido na perda de dúas adicacións exclusivas para os ‘populares’ das tres que tiñan. Nacionalistas e socialistas deron por rachado o pacto político do inicio do mandato en relación aos soldos dos edís e volveron ao acordado na anterior lexislatura: unha adicación exclusiva para o PP e 13 para os dous grupos de Goberno, BNG e PSdeG. Así se desenvolveu a lea.

    Continuar lendo »

  • Unidade e debate fronte aos recortes

    Unidade e debate fronte aos recortes

    Os recortes aprobados polo Goberno central veñen de causar un efecto político inmediato en Pontevedra. O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, convocou un encontro debate con diferentes sectores sociais e empresariais para valorar a actual situación, e a concelleira de Promoción Económica reuniu á Mesa Local de Comercio co obxectivo de estudar o impacto das medidas económicas nos pequenos negocios da cidade, entre outras cousas. O malestar desembocará mañá nas rúas da cidade cunha convocatoria de manifestación impulsada polos tres sindicatos maioritarios, que reclaman agora unidade de acción.

    Continuar lendo »

  •  
  • Lores e Louzán: intercambio de ‘goles’ políticos a pé de campo

    Lores e Louzán: intercambio de ‘goles’ políticos a pé de campo

    O novo campo de fútbol de Marcón foi o lugar escollido para o primeiro cara a cara entre o alcalde de Pontevedra e o presidente da Deputación logo das seus últimas e particulares polémicas políticas: a supresión do Padroado do Museo e as obras de Pasarón mesturadas coa próxima visita da selección española de fútbol o vindeiro mes de setembro. Miguel Anxo Fernández Lores e Rafael Louzán sacaron toda a artillería para o intercambio público de golpes: polítcos, claro.

    Continuar lendo »

  • Louzán e Lores, Lores e Louzán: segue a lea a conta do Museo

    Louzán e Lores, Lores e Louzán: segue a lea a conta do Museo

    Suma e segue nos desencontros entre o alcalde e o presidente da Deputación. Desta volta a conta da supresión do Padroado do Museo por parte da institución provincial e á negativa de Rafael Louzán a recibir a Miguel Anxo Fernández Lores e a un grupo de representantes do colectivo Amigos do Museo que se plantaron hoxe no Pazo Provincial para solicitar á Deputación que reconsiderara a súa decisión antes do Pleno provincial no que se deu carpetazo definitivo ao asunto. O presidente da Deputación advertiu que a súa axenda non a marca o alcalde de Pontevedra.

    Continuar lendo »

  • OQO e Kalandraka: Monte Porreiro ConVida empresarial internacional

    OQO e Kalandraka: Monte Porreiro ConVida empresarial internacional

    Os mellores exemplos de internacionalización empresarial de Pontevedra están no barrio de Monte Porreiro. E son ademais empresas culturais. Trátase das editoriais OQO e Kalandraka, especializadas en literatura infantil e presentes, moi presentes, alén das nosas fronteiras. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polos concelleiros Luís Bará e Anxos Riveiro, estiveron nas súas respectivas sedes no marco do programa Monte Porreiro ConVida, que pretende reforzar a identidade colectiva do barrio mais populoso da cidade.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais