Inicio » Posts tagged 'Luís Bará'

  • 21-O: Unha noite electoral longa para uns e moi curta para outros

    21-O: Unha noite electoral longa para uns e moi curta para outros

    O PP amplía a súa maioría absoluta en Galicia, Beiras saca músculo aos seus 76 anos con Alternativa Galega de Esquerda e PSdeG e BNG afúndense. Este é o resumo dunha xornada electoral, a de onte, cunha abstención, sumada aos votos nulos e en branco por riba do 40%. Se fixamos o foco en Pontevedra cidade a cousa cambia: o PP deixouse polo camiño máis de 4.715 votos con respecto a 2009, o PSdeG 6.400, mentras que o BNG incrementa o seu apoio en case un cento de votos e Alternativa Galega de Esquerda dispárase por riba dos 5.000. Estas son as valoracións dunha noite moi curta para uns e moi longa para outros.

    Continuar lendo »

  • 21-O: comeza a campaña electoral

    21-O: comeza a campaña electoral

    Comeza a campaña electoral. Quince días por diante nos que os políticos acórdanse do votante, cando o votante acórdase deles os 365 días do ano e non para ben, a maior parte das veces. Quince días nos que as formacións políticas tentarán combatir a desafección e o desencanto cidadá. Así se ve e así se escoitou a tradicional pegada de carteis en Pontevedra. Atentos aos matices.

    Continuar lendo »

  • Bará: “Louzán móvese nos sumidoiros da política”

    Bará: “Louzán móvese nos sumidoiros da política”

    A guerra entre Concello e Deputación, entre Deputación e Concello polo Museo de Pontevedra sumou onte unha nova batalla dialéctica. O concelleiro Luís Bará aproveitou o anuncio dunha nova moción do seu grupo para cargar contra o presidente da Deputación, “que se move nos sumidoiros da política”, e ao que acusou de asaltar a institución para o seu control político. Bará apuntou de novo a exposición de motos históricas, mostra que, segundo se desprende das súas verbas, montouse para pagar favores políticos ao dono das motocicletas, un dos propiciadores da moción de censura de Gondomar. Ademais, Luís Bará reprochoulle a Rafael Louzán as súas imaxes sobre unha BMW do exército Nazi no norte de África da II Guerra Mundial e lembroulle que “as orellas están para escoitar e non de adorno”.

    Continuar lendo »

  •  
  • OQO e Kalandraka: Monte Porreiro ConVida empresarial internacional

    OQO e Kalandraka: Monte Porreiro ConVida empresarial internacional

    Os mellores exemplos de internacionalización empresarial de Pontevedra están no barrio de Monte Porreiro. E son ademais empresas culturais. Trátase das editoriais OQO e Kalandraka, especializadas en literatura infantil e presentes, moi presentes, alén das nosas fronteiras. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado polos concelleiros Luís Bará e Anxos Riveiro, estiveron nas súas respectivas sedes no marco do programa Monte Porreiro ConVida, que pretende reforzar a identidade colectiva do barrio mais populoso da cidade.

    Continuar lendo »

  • Pontevedra pasa o exame do maior experto en mobilidade

    Pontevedra pasa o exame do maior experto en mobilidade

    O Concello de Pontevedra recibiu hoxe, martes 24 de abril, a visita de Alfonso Sanz Alduán, un dos maiores expertos do Estado en mobilidade nas cidades. A súa visita está enmarcada dentro da programación impulsada pola Concellería de Mobilidade, dirixida por Luís Bará, acordada dentro da Mesa da Bicicleta de Pontevedra. Sanz Alduá deixou reflexións moi interesantes no seu paso pola cidade.

    Continuar lendo »

  • A posta en valor dos Muíños do Batán

    A posta en valor dos Muíños do Batán

    Os Muíños do Batán están en Salcedo. E ata esta parroquia achegáronse o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, e a Asociación de veciños Heroes do Campo da Porta para comprobar os traballos de limpeza que levou a cabo a Comunidade de Montes de Salcedo na zona e ir máis alá no plan de recuperación e posta en valor dunha zona de gran beleza natural e interese patrimonial. Implicación veciñal e conexión coa Administración Local.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais