Inicio » Posts tagged 'Kiko da Silva'

  • David Rubín e Sergio Bleda cólanse no Garaxe Hermético

    David Rubín e Sergio Bleda cólanse no Garaxe Hermético

    David Rubín (Ourense) e Sergio Bleda (Albacete) coláronse no Garaxe Hermético de Kiko da Silva para inaugurar as masterclass deste espazo creador único en Galicia e en España. O ourensán explicou aos alumnos como se enfronta ao papel en branco e botou a vista atrás para falar das súas influencias, mentres que o de Castela A Mancha analizou a situación actual do cómic en España e baixou ás procelosas profundidades do mundo editorial e dos contratos. Ponte.tv non desaproveitou a oportunidade de falar con dous dos nosos historietistas máis internacionais.

    Continuar lendo »

  • O Garaxe Hermético de Kiko da Silva

    O Garaxe Hermético de Kiko da Silva

    Kiko da Silva xa ten o seu Garaxe Hermético na rúa Álvaro Cunqueiro. Hermético para o pesimismo e permeable para o coñecemento. É a primeira escola de banda deseñada e ilustración de Galicia, e está en Pontevedra. Estivemos con Kiko e con Hobbes, o inseparable amigo de Calvin, nun espazo que se creou como unha homenaxe a Moebius para profesionalizar o traballo duns creadores que aínda hoxe son considerados polas facultades de Belas Artes como artistas de segunda ou un feixe de infantís alienados polos debuxiños.

    Continuar lendo »

 
 

Redes sociais