Inicio » Posts tagged 'Fútbol'

  • Curso iniciación arbitro de fútbol

    Curso iniciación arbitro de fútbol

    A Delegación de árbitros de fútbol de Pontevedra comeza, hoxe día 14 de Xaneiro, un novo curso de iniciación ó arbitraxe coma o que fixeran a principio de esta tempada, os que estean interesados poden achegarse a súa sede en Mourente-Subida Montecelo, s/n.

    Continuar lendo »

  • Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda

    Sufrida victoria do Pontevedra ante o Dorneda

    O Pontevedra Club de Fútbol impúxose por dous goles a un ante o Dorneda nun encontro que os granates remontaron na segunda metade, logo de que os coruñeses adiantáranse grazas a Miche no último tramo do primeiro tempo. Jacobo, despois dunha gran xogada de Caco, e Richi fóron os goleadores. Santi Domínguez errou un lanzamento de penalti nun partido áspero e sufrido para os granates, que non se descolgan dos postos altos e coa mirada fixa xa na visita a Ferrol.

    Continuar lendo »

  • Victoria balsámica do Pontevedra en Pasarón nun partido tolo

    Victoria balsámica do Pontevedra en Pasarón nun partido tolo

    O Pontevedra venceu por catro goles a dous ao Clube Deportivo As Pontes nun partido tolo. Esta victoria balsámica, na que o equipo de Milo Abelleira sobrepúxose ao tempraneiro gol dos coruñeses, debe servir para que os granates volvan a engancharse cos postos altos da clasificación e sentar as bases da recuperación dun grupo que amosa demasiados síntomas de nerviosismo e que volve a contar con Caco. Santi Domínguez, outra vez, e Jacobo, ambos por partida dobre foron os goleadores. Nesta videocrónica do partido faltan os dous primeiros goles, que non puideron ser recollidos pola nosa cámara por problemas técnicos: sentímolo moito.

    Continuar lendo »

  •  
  • Dous golazos de Santi Domínguez tumban ao Celta en Pasarón

    Dous golazos de Santi Domínguez tumban ao Celta en Pasarón

    Dous golazos de Santi Domínguez tumbaron ao Celta B en Pasarón e aúpan ao Pontevedra Club de Fútbol até a terceira posición da táboa de clasificación. O dianteiro granate foi o encargado de asinar as dúas dianas e redondear unha tarde perfecta para os de Milo Abelleira, que souberon sobrepoñerse a un maior dominio celtiña durante o derradeiro tramo da primeira metade e na reanudación do encontro tralo descanso.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra non pasa do empate en Pasarón ante a UD Somozas

    O Pontevedra non pasa do empate en Pasarón ante a UD Somozas

    O Pontevedra Club de Fútbol empatou hoxe a un gol coa UD Somozas en Pasarón. O tempraneiro gol de Estefan na primeira metade foi neutralizado de seguido polos coruñeses e a igualada non se moveu do marcador a pesares dos intentos dos de Milo para desnivelar a balanza durante todo o segundo tempo.

    Continuar lendo »

  • Un Pontevedra desatado golea ao Céltiga en Pasarón

    Un Pontevedra desatado golea ao Céltiga en Pasarón

    O Pontevedra Club de Fútbol goleou hoxe ao Céltiga por catro goles a un nun encontro cós granates domiñaron de principio a fin. Os de Milo Abelleira, desatados en ataque, encarrilaron o partido xa no primeiro tempo con goles dun magnífico Santi Domínguez, Stefan e Tubo. O primeiro redondeou a súa primeira gran tarde en Pasarón cun gol de falta directa no primeiro tramo da segunda metade. Un erro defensivo colectivo e unha mala decisión de Lorenzo, que cometeu un penalti innecesario, regalaron o único gol do Céltiga en Pasarón. Vitaminas en forma de goleada para un Pontevedra que viña de sumar dúas derrotas consecutivas e que agora sitúase na terceira praza da clasificación.

    Continuar lendo »

  •  
  • Colas en Pasarón para ver o España-Arabia Saudí

    Colas en Pasarón para ver o España-Arabia Saudí

    Centos de persoas mobilizáronse onte para facerse cunha entrada para ver o partido que a selección española xogará contra Arabia Saudí en Pasarón esta mesma semana. A extensa ringleira que se formou dende primeira hora da mañá da unha mostra do tirón do equipo de Del Bosque. A aglomeración provocou pequenos problemas e xa se detectaron as primeiras revendas a pé de rúa.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra loitará polo ascenso tras gañar á UD Somozas

    O Pontevedra loitará polo ascenso tras gañar á UD Somozas

    A victoria do Pontevedra Club de Fútbol a domicilio por dous goles a tres ante a UD Somozas permite aos de Milo Abelleira loitar polo ascenso. Os granates pasaron apuros na parte final do encontro, pero fixeron valer os goles de Javi Pazos, David Pérez e Sidi. O club de Pasarón, que estivo acompañado no Municipal de Pardiñas por centos de pontevedreses, coñecerá hoxe luns quen será o seu rival no play-off.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra C.F. suma a súa sexta xornada consecutiva sen perder

    O Pontevedra C.F. suma a súa sexta xornada consecutiva sen perder

    Un novo empate do Pontevedra Club de Fútbol en Pasarón. Desta volta a un gol e fronte ao Racing de Ferrol. O partido ten dúas lecturas: a positiva, porque os granates suman a sexta xornada consecutiva sen perder e as súas aspiracións de xogar o play-off seguen intactas; e a negativa, porque ao equipo de Milo atragántaselle xogar na casa.

    Continuar lendo »

  •  
  • O Pontevedra C.F. pincha en Pasarón ante o Bergantiños

    O Pontevedra C.F. pincha en Pasarón ante o Bergantiños

    Pinchazo do Pontevedra Club de Fútbol en Pasarón. Os de Milo Abilleira non pasaron do empate a un co Bergantiños. Despois dunha boa primeira parte, os granates afundíronse no segundo tempo. Afogados e cun evidente baixón físico, os granates poideron perder os tres puntos no último suspiro.

    Continuar lendo »

  • Mauricio dixo que marchaba, pero queda no Pontevedra C.F.

    Mauricio dixo que marchaba, pero queda no Pontevedra C.F.

    Fai menos dunha semana que dixo que marchaba. Foi na Xunta de Accionistas que se desenvolveu no Teatro Principal. Pero finalmente Mauricio Rodríguez seguirá como presidente do Pontevedra C.F.. O Consello de Administración do clube, en situación concursal, así o ratificou na noitiña do luns 12 nas oficinas do equipo.

    Continuar lendo »

  • O Pontevedra sobreponse a unha xenialidade de Padín

    O Pontevedra sobreponse a unha xenialidade de Padín

    Primeira victoria do Pontevedra C.F. dende que o actual presidente do equipo, Mauricio Rodríguez, anunciara que marchaba. Os granates venceron 2-1 á SCD Órdenes despois de remontar un auténtico golazo de Carlos Padín, un vello coñecido da afección pontevedresa, que puxo en pé a todo Pasarón.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais