Inicio » Posts tagged 'Exposición'

  • ”Camiños no deseño a terra na orixe”

    ”Camiños no deseño a terra na orixe”

    A Exposición “Camiños no deseño a terra na orixe” esta promovida pola Fundación Camiño Portugués de Santiago co apoio da Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago e da Xunta de Galicia, Deputación e Concello de Pontevedra e nesta ocasión conta ademais coa inestimable colaboración de ESDEMGA (estudos superiores en deseño téxtil e moda de Galicia) e propicia unha nova dimensión de “Camiños”, pois si ata o de agora nas edicións anteriores do proxecto encadrábase dentro do marco case […]

    Continuar lendo »

  • Ángela Ogando: ‘Onward. Hablemos sin hablar’

    Ángela Ogando: ‘Onward. Hablemos sin hablar’

    Até a vindeira semana aínda estades a tempo de achegarvos a exposición de Ángela Ogando, ‘Onward. Hablemos sin hablar’, na sala Portal 48, na rúa dos Laranxos número 8. Unha proposta fotográfica que reflexiona sobre o corpo humano en relación coa danza e natureza. O traballo forma parte do seu proxecto de fin de ciclo de Fotografía Artística da Escola Pablo Picasso da Coruña, e Ángela anda agora profundizando no campo artístico do deseño en ESDEMGA.

    Continuar lendo »

  • Manuel Aramburu: Da infancia á madurez

    Manuel Aramburu: Da infancia á madurez

    O Museo de Pontevedra vén de inaugurar unha exposición antolóxica da obra do pintor Manuel Aramburu. Comisariada por Celestino Lores e apoiada pola Deputación, a escolma recolle traballos que percorren toda a traxectoria vital do artista. Un home que atopou a beleza entre os cascallos. Até o vindeiro 20 de xaneiro, no Sexto Edificio.

    Continuar lendo »

  •  
  • Os gravados de Picasso viaxan a Pontevedra

    Os gravados de Picasso viaxan a Pontevedra

    A sinatura dun convenio entre Ence e Novacaixagalicia por valor de 60.000 euros permitirá a Pontevedra desfrutar dos gravados do artista Pablo Picasso. Será a partires do 9 de novembro, e a exposición complentarase coas obras en depósito que a entidade financeira ten do pintor malagueño. A mostra ‘Picasso. O equilibrio e a vertixe’ nace do proxecto expositivo da Fundación Picasso Museo Casa Natal de Málaga.

    Continuar lendo »

  • Purificación García, a arte da imaxe

    Purificación García, a arte da imaxe

    Dende o pasado 4 de outubro até o vondeiro 11 de novembro, as salas de exposición temporais do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollen a mostra Purificación García, Premio Bienal de Fotografía. A escolma que amadriña a deseñadora de moda de Ourense reúne as obras seleccionadas e premiadas na novena edición deste certame.

    Continuar lendo »

  • Miguel Vidal: The other side of outro lado

    Miguel Vidal: The other side of outro lado

    Miguel Vidal, fotoxornalista pontevedrés de longa traxectoria, amosa na súa cidade o que se agocha detrás da Rede, da Internet. ‘Outro lado. Outra vida’ é unha escolma de máis de dez anos de fotografías intimistas e sensuais que poden verse no Pazo da Cultura até o vindeiro 13 de novembro. Un traballo que reflicte en imaxes relacións e vínculos cós homes e mulleres que foi atopando ao longo do tempo nese universo paralelo que conforman as redes sociais. Unha viaxe do global ao concreto. Como dixeron os Zuco: The other side of outro lado.

    Continuar lendo »

  •  
  • O latexo das prazas a través dos ollos curiosos

    O latexo das prazas a través dos ollos curiosos

    A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, coa colaboración de Ramón Rozas como comisario da mostra, ven de poñer en marcha unha exposición con vocación itinerante que baixo o suxerente nome de ‘O latexo das prazas’ vén de aunar o traballo de recoñecidos fotorreporteiros da cidade en col dun mesmo obxectivo: a cidade e as súas prazas.

    Continuar lendo »

  • Arte ‘do final e do comezo’

    Arte ‘do final e do comezo’

    Dende o pasado 15 de xuño e até o vindeiro 2 de setembro o Pazo de Cultura acolle os traballos de 37 recén graduados da Facultade de Belas Artes de Pontevedra nunha exposición baixo o nome ‘Do final e do comezo’. Coorganizada entre a propia facultade e o Pazo da Cultura, achega todo tipo de manifestacións artísticas destes novos talentos. Aínda estades a tempo.

    Continuar lendo »

  • Arte en pleno casco vello de Pontevedra: About Art

    Arte en pleno casco vello de Pontevedra: About Art

    María Díaz e Araceli Torres son dúas rapazas novas, emprendedoras e expertas en arte. Acaban de abrir a galería About Art, na rúa Pasantería, en pleno casco vello. Da súa man Pontevedra gaña un novo espazo expostivo para a arte, e os novos valores artísticos da cidade un escaparate para a súa obra. Emerxentes é a súa carta de presentación.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais