Inicio » Posts tagged 'Ence'

  • Picasso. O equilibrio e a vertixe

    Picasso. O equilibrio e a vertixe

    A exposición «Picasso. O equilibrio e a vertixe» concíbese como un repaso da obra gráfica do artista malagueño que, ademais de poder ser concretada nun tempo específico da súa traxectoria profesional, tamén se pode estruturar en función da temática e da forma dominantes en cada un dos sesenta e dous gravados presentes no Centro Cultural Novacaixagalicia, Café Moderno de Pontevedra. Esta mostra comisariada polo propio director da Fundación Picasso, Museo Casa Natal e Rosario Sarmiento, directora da Colección Novagalicia Banco […]

    Continuar lendo »

  • Os gravados de Picasso viaxan a Pontevedra

    Os gravados de Picasso viaxan a Pontevedra

    A sinatura dun convenio entre Ence e Novacaixagalicia por valor de 60.000 euros permitirá a Pontevedra desfrutar dos gravados do artista Pablo Picasso. Será a partires do 9 de novembro, e a exposición complentarase coas obras en depósito que a entidade financeira ten do pintor malagueño. A mostra ‘Picasso. O equilibrio e a vertixe’ nace do proxecto expositivo da Fundación Picasso Museo Casa Natal de Málaga.

    Continuar lendo »

  • Novacaixagalicia replantexará o futuro das súas sedes culturais na cidade

    Novacaixagalicia replantexará o futuro das súas sedes culturais na cidade

    Pedro Otero, xerente de Novacaixagalicia, asegurou hoxe no transcurso dunha rolda de prensa xunto ao director de Ence que a entidade vai replantexar o futuro das súas dúas sedes culturais na cidade nun futuro inmediato. Non fala de peche, pero o directivo sostén que nada será igual. Pedro Otero garante a permanencia da obra social das extintas caixas, pero non avanzou como reformularán a súa oferta e estratexia cultural no Café Moderno e no Centro Social Novacaixagalicia, separados unicamente por unha beirarrúa.

    Continuar lendo »

  •  
  • Arregui di que Ence está máis preto de quedar na ría que de marchar

    Arregui di que Ence está máis preto de quedar na ría que de marchar

    Juan Luis Arregui, o presidente de Ence, estivo hoxe en Pontevedra para asinar un convenio que convirte á pasteira en novo membro de padroado da UNED en Pontevedra. O directivo da empresa aproveitou a súa presenza na cidade para asegurar que, arestora, Ence está máis preto de quedar en Pontevedra que de marchar e cambiar de ubicación, posibilidade esta que defenden a Xunta, o Concello e colectivos como a APDR. Arregui sostén que Ence está facendo ben as cousas, que a súa postura é dialogante e que se non se reúne có alcalde de Pontevedra é porque Miguel Anxo Fernández Lores non lles reclama explicacións.

    Continuar lendo »

  • Ence non quere marchar e si convencer

    Ence non quere marchar e si convencer

    A presentación dos resultados medioambientais de Ence en Pontevedra o ano pasado servíronlle a Antonio Casal, director do centro de operacións en Lourizán, para reiterar unha mensaxe xa coñecida: a empresa quere quedar na ría máis alá de 2018 e convencer. Convencer aos seus detractores das súas ‘bondades’ non só para a cidade e a comarca, senón tamén para Galicia.

    Continuar lendo »

  • O Supremo anula a supramunicipalidade de Ence

    O Supremo anula a supramunicipalidade de Ence

    Dúas decisións xudiciais do Tribunal Supremo coñecidas nas últimas horas veñen de amparar, en parte, as posturas que tanto Concello como Asociación pola Defensa da Ría mantiñan en contra do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de Ence que a Xunta de Galicia aprobou no ano 2003. Desta volta, é a APDR quen sostén que a Sala Contencioso Administrativo do Supremo anula o acordo do Goberno Autonómico e que, polo tanto, a concesión da Autorización Ambiental Integrada e as súas renovacións quedan agora sen base legal que ampare a presenza do complexo industrial na ría. Ence, pola súa banda, asegura que a súa presenza non depende do proxecto sectorial e que funciona dentro da máis estricta legalidade.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais