Inicio » Posts tagged 'Deputación'

  • Pontevedra en Fitur

    Pontevedra en Fitur

    O presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, mostrou as virtudes da provincia de Pontevedra no stan de Galicia en Fitur. Destacou os 600 kilómetros de litoral, mais de 300 praias, unha costa navegable todo o ano, mais de 5.000 prazas de amarre nos 40 portos deportivos. Tamén fixo referencia ao turismo termal, e de unha gastronomía e viticultura das mellores do mundo. Javier Guillén destacou a importancia de “La Vuelta” non so como evento deportivo de alto nivel, senón […]

    Continuar lendo »

  • A Deputación enterra o Organismo Autónomo do Museo

    A Deputación enterra o Organismo Autónomo do Museo

    O Pleno da Deputación, coa miaoría absoluta do PP, acordou hoxe definitivamente a disolución do Organismo Autónomo do Museo de Pontevedra logo de rexeitar as máis de 1.000 alegacións que se presentaron en contra da medida e que a deputada Ana Isabel Vázquez definiu como manipuladas. BNG e PSdeG, que reclamaron sen éxito a retirada da orde do día deste acordo, apuntaron motivos políticos e de toma de control por parte da Deputación no Museo para eliminar o Organismo Autónomo, que pasará agora a ser un servizo máis do organismo provincial, que apela ao aforro e a eficiencia no gasto para xustificar a súa decisión.

    Continuar lendo »

  • Pedra e monopatíns: ‘Sk8park Canteiros’

    Pedra e monopatíns: ‘Sk8park Canteiros’

    A Escola de Canteiros da Deputación, da man do seu mestre de Escultura, Adrián Otero, e da man do mestre Maquinista, Manuel Vidal, vén de deseñar un conxunto de monolitos de pedra totalmente patinables que conxugan arte e deporte e que onte testou un grupo de ‘skaters’. As sensacións non puideron ser mellores. A obra acabará no Concello do Grove, e os skaters de Pontevedra xa demandan o seu.

    Continuar lendo »

  •  
  • O talento emerxente faise un oco no Museo

    O talento emerxente faise un oco no Museo

    Dende o pasado venres pode verse xa no sexto edificio do Museo unha nova exposición do certame de Novos Valores que promove a Deputación. Un total de 38 obras das máis de cen que se seleccionaron. Nesta ocasión, os galardoados foron Avelino David Fidalgo Omil co primeiro premio polo seu vídeo Animación x animación; Antía Cea García pola escultura Memoria dun depósito; e Marta López López polo seu debux Surrounded, 2012.

    Continuar lendo »

  • Pontevedra ultima os preparativos para o partido de España en Pasarón

    Pontevedra ultima os preparativos para o partido de España en Pasarón

    Pontevedra ultima os detalles do partido que o vindeiro mes de setembro xogará a selección española en Pasarón fronte a Arabia Saudí. Deputación e Concello semellan aparcar as súas diferenzas, e xunto coa Federación traballan, entre outras cousas, para que os socios de Pontevedra C. F. teñan preferencia á hora de conseguir entradas para o partido.

    Continuar lendo »

  • A supresión dos padroados quenta o Pleno da Deputación

    A supresión dos padroados quenta o Pleno da Deputación

    A supresión dos padroados por parte da Deputación, entre eles o do Museo de Pontevedra, quentou o Pleno Provincial que se desenvolveu no pazo de Montero Ríos o pasado venres. O presidente, Rafael Louzán, e o voceiro do BNG, Cesáreo Mosquera enleáronse nun agrio debate político cheo de reproches nun salón de plenos repleto de xente que quixo amosar o seu desacordo coas últimas decisións que está tomando a Deputación Provincial.

    Continuar lendo »

  •  
  • O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores compareceu onte ante os medios para pedirlle ao presidente da Deputación que deixe sen efecto a súa intención de disolver o Padroado do Museo de Pontevedra porque “non se trata de ningún chiringuito”, e a súa importancia trascende á propia institución provincial e que decisións como a que se tomará este enres no Pleno do Pazo Provincial “degradan” a reputación do Museo. Rafael Louzán aproveitou o día de hoxe para lembrarlle que a Deputación leva investidos 30 millóns de euros no Museo, e decirlle ao alcalde que se preocupe de dar resposta aos problemas da cidade que levan anos sen solución pola súa nula xestión, tal e como recolleu Radio Pontevedra. Nova lea entre Lores e Louzán.

    Continuar lendo »

  • Un Celta de primeira

    Un Celta de primeira

    A plantilla do Real Club Celta pasou esta semana por Pontevedra. Concretamente pola Deputación, onde centos de rapaces chegados de toda a provincia puideron celebrar cos celtiñas o tan ansiado ascenso á Primeira División. Unha mágoa que non se pudiera facer nada semellante esta tempada co Pontevedra, pero ao Celta o que é do Celta.

    Continuar lendo »

  • Esforzos conxuntos pola educación vial

    Esforzos conxuntos pola educación vial

    Deputación de Pontevedra, DGT e Policía Local aproveitaron a posta en marcha da exposición ‘Cen anos sobre rodas’ no edificio Sarmiento para implementar un obradoiro de educación vial dirixido aos máis novos e tamén para os adultos que estará en vigor até o vindeiro 15 de xullo no VI edificio do Museo de Pontevedra.

    Continuar lendo »

  •  
  • Únete á volta

    Únete á volta

    A Deputación de Pontevedra quere que a provincia de Pontevedra únase á volta. Por este motivo, da man do ex ciclista Marcos Serrano e de Unipublic, organiza marchas ciclistas populares en diferentes concellos para facer escola e canteira entre os máis cativos. Arrancan a golpe de pedal esta fin de semana en Lalín, Tui e Cambados. O organismo provincial traballa nunha web específica que debería estar lista o sábado 5 para achegar máis información.

    Continuar lendo »

  • Deputación e empresarios: paro, aeroporto, peaxes e naval enriba da mesa

    Deputación e empresarios: paro, aeroporto, peaxes e naval enriba da mesa

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño, mantiveron o mércores 2 de maio unha xuntanza cos seus respectivos equipos para buscar puntos en común. Enriba da mesa a preocupación polo paro, a política aeroportuaria, a situación do naval e a posibilidade de implantar peaxes nas vías de alta capacidade, unha medida que o representante dos empresarios criticou duramente cando Portugal a implantou e que agora a CEP non desbota para España baixo a premisa de que “o gratis acabouse”.

    Continuar lendo »

  • Cen anos sobre rodas no Museo

    Cen anos sobre rodas no Museo

    O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle un fantástico percorrido pola historia do motociclismo desde os seus inicios ata os nosos días, nunha exposición de motos históricas que está chamada a recibir a visita de milleiros de persoas de dentro e fóra de Galicia.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais