Inicio » Posts tagged 'Concello'

  • Premios Cidade de Pontevedra 2012

    Premios Cidade de Pontevedra 2012

    David Cal e Hifas da Terra son os novos premios Cidade de Pontevedra 2012.Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de entregar os galardóns nos apartados de persoa física e colectivo e no seu discurso destacou un concepto que os define: o esforzo ”Esforzo,abnegación dedicación ás actividades deportiva e empresarial,que teñen máis magnitudes en común das que se puidera pensar,especialmente se se realizan en contornas competitivas de máxima esixencia,como e o caso dos nosos premiados”.

    Continuar lendo »

  • Leverelem: Pontevedra, centro do mundo das artes da fala

    Leverelem: Pontevedra, centro do mundo das artes da fala

    O lugar foi o Teatro Principal. O promotor o Concello. E o espectáculo Leverelem…das arrtes da fala. Con Xurxo Souto e a súa Radio ao Vivo e Quico Cadaval coa súa Noite de Variedades, Pontevedra convertiuse no centro da palabra. Sés, AFI, Trioliro Regueifeiros, Novos Diplomáticos, ConVersos, Chévere, Paula Carballeira, Marián Bañobre, Cabraret, Triatreros e Pel de Noz foron os encargados de recuperar a tradición oral como medio artístico e e de expresión.

    Continuar lendo »

  • Ence non quere marchar e si convencer

    Ence non quere marchar e si convencer

    A presentación dos resultados medioambientais de Ence en Pontevedra o ano pasado servíronlle a Antonio Casal, director do centro de operacións en Lourizán, para reiterar unha mensaxe xa coñecida: a empresa quere quedar na ría máis alá de 2018 e convencer. Convencer aos seus detractores das súas ‘bondades’ non só para a cidade e a comarca, senón tamén para Galicia.

    Continuar lendo »

  •  
  • Pontevedra ultima os preparativos para o partido de España en Pasarón

    Pontevedra ultima os preparativos para o partido de España en Pasarón

    Pontevedra ultima os detalles do partido que o vindeiro mes de setembro xogará a selección española en Pasarón fronte a Arabia Saudí. Deputación e Concello semellan aparcar as súas diferenzas, e xunto coa Federación traballan, entre outras cousas, para que os socios de Pontevedra C. F. teñan preferencia á hora de conseguir entradas para o partido.

    Continuar lendo »

  • O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O futuro do Museo enfronta a Lores con Louzán

    O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores compareceu onte ante os medios para pedirlle ao presidente da Deputación que deixe sen efecto a súa intención de disolver o Padroado do Museo de Pontevedra porque “non se trata de ningún chiringuito”, e a súa importancia trascende á propia institución provincial e que decisións como a que se tomará este enres no Pleno do Pazo Provincial “degradan” a reputación do Museo. Rafael Louzán aproveitou o día de hoxe para lembrarlle que a Deputación leva investidos 30 millóns de euros no Museo, e decirlle ao alcalde que se preocupe de dar resposta aos problemas da cidade que levan anos sen solución pola súa nula xestión, tal e como recolleu Radio Pontevedra. Nova lea entre Lores e Louzán.

    Continuar lendo »

  • O Concello redefinirá o Centro Deportivo da Parda

    O Concello redefinirá o Centro Deportivo da Parda

    O Concello de Pontevedra dá por finalizado o convenio coa Xunta para a construción do campo de Pasarón e o Centro Deportivo da Parda no que atinxe a este último espazo, que o Concello se propón continuar en solitario.O convenio está caducado e en vía morta dende 2010, polo que Agustín Fernández reclamará á Xunta a devolución dos 600.000 euros que o Concello adiantou tras a sinatura. A Concellería de Deportes traballará no remate das obras, que serán redeseñadas para abaratar custos, durante este mandato municipal

    Continuar lendo »

  •  
  • Correlingua: orgullosos do galego

    Correlingua: orgullosos do galego

    A iniciativa do Concello Maio, mes da lingua tivo hoxe no Correlingua o seu acto central. Os rapaces, que percorreron varias rúas da cidade, remataron no Recinto Feiral pola ameaza de choiva e non na Praza da Ferrería como estaba previsto. Todos eles desfrutaron das actuacións de Iria Sobrado e e Roger de Flor e os Silvestres.

    Continuar lendo »

  • Concertos tabernarios

    Concertos tabernarios

    O Concello de Pontevedra, a través da súa Concellería de Festas, ten en marcha unha iniciativa que se chama ‘Cantos de taberna’ en colaboración coa Asociación Cultural Maravallada. Xa van tres concertos tabernarios, e aínda quedan outros tres máis o 25 de maio, o 29 de xuño e o 27 de xullo. Así soan e así se ven. Estade atentos se non o queredes perder.

    Continuar lendo »

  • Pontevedra pasa o exame do maior experto en mobilidade

    Pontevedra pasa o exame do maior experto en mobilidade

    O Concello de Pontevedra recibiu hoxe, martes 24 de abril, a visita de Alfonso Sanz Alduán, un dos maiores expertos do Estado en mobilidade nas cidades. A súa visita está enmarcada dentro da programación impulsada pola Concellería de Mobilidade, dirixida por Luís Bará, acordada dentro da Mesa da Bicicleta de Pontevedra. Sanz Alduá deixou reflexións moi interesantes no seu paso pola cidade.

    Continuar lendo »

  •  
  • Enredo xudicial a conta da construción do novo hospital

    Enredo xudicial a conta da construción do novo hospital

    A marxe da despedida de Telmo Martín, o pleno municipal do pasado lunes 23 de abril evidenciou a fenda existente entre o grupo de goberno que conforman BNG e PSdeG e a oposición do PP en relación á construción do novo hospital de Monte Carrasco. Os primeiros sacaron adiante unha moción que apoia a presentación dun recurso xudicial contra a decisión da Xunta de Galicia de aprobar o proxecto sectorial e de supramunicipalidade da nova infraestrutura.

    Continuar lendo »

  • Telmo Martín escenifica o seu adeus

    Telmo Martín escenifica o seu adeus

    Telmo Martín escenificou no Pleno municipal que se celebrou hoxe, luns 23 de abril, o seu adeus como edil do PP en Pontevedra. Trala súa anunciada marcha como referente dos populares na oposición, o controvertido político despediuse dando as grazas aos cidadáns que confiaron en el, eloxiando ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, co que mantivo agrias disputas e ao resto de portavoces cos que compartiu estes anos de andaina pontevedresa. Martín di que se vai centrar na súa labor de deputado no Congreso logo de dous intentos errados por facerse coa Alcaldía da cidade. E asegura que marcha sentíndose perseguido.

    Continuar lendo »

  • PP de Pontevedra: a vida despois de Telmo

    PP de Pontevedra: a vida despois de Telmo

    Jacobo Moreira, deputado autonómico, é o novo portavoz municipal do PP en Pontevedra trala renuncia de Telmo Martín. Os populares enfrontan agora unha nova etapa na cidade e Moreira desgrana as prioridades do seu grupo.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais