Inicio » Posts tagged 'Concello de Pontevedra'

  • Na procura do ‘Crepúsculo’ da violencia machista: Ti podes paralo

    Na procura do ‘Crepúsculo’ da violencia machista: Ti podes paralo

    Na procura da ruína da violencia machista, o Concello de Pontevedra vén de poñer en marcha a segunda fase da campaña ‘Ti podes paralo’, centrada desta volta nos centros escolares e que vai contar cunha unidade didáctica e un traballo audiovisual da man de Producciones Mutantes. A campaña artículase ao redor da saga ‘Crepúsculo’, pero como exemplo a non seguir polo que esta historia sonrenatural contén de sometemento das mulleres. Os datos indican que cada vez son máis as mulleres de menos de 30 anos que en Pontevedra denuncian ter sido vítimas da violencia de xénero.

    Continuar lendo »

  • Unha resaca electoral en clave local

    Unha resaca electoral en clave local

    Tralos resultados electorais do domingo chega a resaca. Doce para uns e amarga para outros. Dende primeira hora da mañá, os representantes das tres formacións políticas con representación no Concello de Pontevedra desfilaron ante os medios de comunicación para trasladar á cidadanía as súas sensacións. De euforia para o PPdeG a pesares dos máis de 4.700 votos que voaron con respecto a 2009; de satisfacción para o BNG, que ve como medran os seus apoios na cidade; e de absoluta decepción para o PSdeG, que perdeu máis de 6.000 votos.

    Continuar lendo »

  • ‘La Vuelta’ sairá dunha batea e haberá etapa para Pontevedra

    ‘La Vuelta’ sairá dunha batea e haberá etapa para Pontevedra

    Concello e Deputación, Deputación e Concello aproveitaron a presenza hoxe na cidade do director xeral de Unipublic, Javier Guillén, para facer público o que xa levaba tempo sendo imposible manter agochado. Tal e como xa adiantara o Diario de Pontevedra, ‘La Vuelta’ 2013 sairá dunha batea, concretamente dunha batea de Vilanova de Arousa, e Pontevedra terá a súa etapa. En total serán catro etapas na provincia de Pontevedra, as primeiras da carreira.

    Continuar lendo »

  •  
  • Pontevedra olímpica

    Pontevedra olímpica

    Embaixadores de Pontevedra: conexión entre olimpismo e promoción da cidade. Este é o obxectivo do convenio que o Concello ven de sacar adiante cos deportistas que pasearán o nome da vila polos Xogos de Londres para vincular a súa imaxe á de Pontevedra e proveitar o seu tirón. Non están todos os que son, porque faltaban David Cal e Támara Echegoyen, en plena recta final da súa preparación, pero si son todos os que están; Javier Gómez Noya, Teresa Portela e Beatriz Gómez Cortés. E ademais aínda falta por asinar o convenio cos paralímpicos Pablo Cimadevila, Juan Saavedra e Gustavo Nieves.

    Continuar lendo »

  • Memoria e vida en Salcedo

    Memoria e vida en Salcedo

    A primeira Xeira do Patrimonio, que tivo lugar en Salcedo, viviu o sábado 21 de abril o seu día grande. Visita guiada á Misión Biolóxica, a inauguración da exposición ‘Salcedo, memoria e vida’, concerto da Banda da Asociación Músico-Cultural San Martiiño, actuación dos Chichisos e xogos populares completaron unha iniciativa que o Concello de Pontevedra pretende trasladar a outras parroquias da cidade para tratar de recuperar o patrimonio material e inmaterial do rural pontevedrés.

    Continuar lendo »

  • Xeira do patrimonio rural de Salcedo

    Xeira do patrimonio rural de Salcedo

    A Xeira do Patrimonio é unha iniciativa compartida polo Concello de Pontevedra e as asociacións veciñais, de montes, culturais, deportivas, de nais e pais e aberta a todos os colecivos e persoas co obxectivo de poñer o foco de atención no patrimonio das parroquias pontevedresas. A primeira xeira desenvolveuse en Salcedo.

    Continuar lendo »

  •  
 
 

Redes sociais