Inicio » Posts tagged '21-O'

  • Unha resaca electoral en clave local

    Unha resaca electoral en clave local

    Tralos resultados electorais do domingo chega a resaca. Doce para uns e amarga para outros. Dende primeira hora da mañá, os representantes das tres formacións políticas con representación no Concello de Pontevedra desfilaron ante os medios de comunicación para trasladar á cidadanía as súas sensacións. De euforia para o PPdeG a pesares dos máis de 4.700 votos que voaron con respecto a 2009; de satisfacción para o BNG, que ve como medran os seus apoios na cidade; e de absoluta decepción para o PSdeG, que perdeu máis de 6.000 votos.

    Continuar lendo »

  • 21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (IV)

    21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (IV)

    Os encontros coa cidadanía que organiza o movimento 15-M Indígnate Pontevedra en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais de cara as eleccións autonómicas do vindeiro 21-O pecháronse onte. Compromiso X Galicia, Escanos en Branco, Unificación Comunista de España e Falange Española de las JONS foron os encargados de baixar o telón.

    Continuar lendo »

  • 21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (III)

    21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (III)

    Onte foi a quenda de BNG e Sociedade Civil e Democracia nos encontros coa cidadanía que organiza o movimento 15-M Indígnate Pontevedra en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais. Tamén estivo o representante de Esquerda Anticapitalista, pero non se presentan as eleccións. Iria Aboy, por parte dos nacionalistas, e María Digna pola formación de Mario Conde deron a cara para defender os seus programas.

    Continuar lendo »

  •  
  • 21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (II)

    21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (II)

    Na segunda xornada de Pontevedra pregunta, ciclo de encontros entre os diferentes partidos políticos e a cidadanía promovido polo movimento 15-M Indígnate Pontevedra, foi a quenda de PPdeG, Centro Democrático Liberal, Partido da Terra e Partido Comunista de los Pueblos de España-Comunistas da Galiza. Jacobo Moreira, José Manuel Palacín, José Tubío e María Quintillán deron a cara. Esta é a nosa escola do que alí aconteceu.

    Continuar lendo »

  • 21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (I)

    21-O: Pontevedra pregunta, eles respostan (I)

    Con motivo da campaña electoral de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro, o movimento cidadá 15-M Indígnate Pontevedra en colaboración có Grao en Dirección e Xestión Pública da Facultade de Ciencias Sociais, puxeron en marcha as II Xornadas Pontevedra Pregunta, que comezaron onte e seguirán até o vndeiro xoves día 11 en horario de 19:00 a 21:30 horas no salón de actos da Facultade. Juan Fajardo, de Alternativa Galega de Esquerda; José Manuel Civeira, do PSdeG; e José Canedo, de UPyD, foron os primeiros.

    Continuar lendo »

  • 21-O: comeza a campaña electoral

    21-O: comeza a campaña electoral

    Comeza a campaña electoral. Quince días por diante nos que os políticos acórdanse do votante, cando o votante acórdase deles os 365 días do ano e non para ben, a maior parte das veces. Quince días nos que as formacións políticas tentarán combatir a desafección e o desencanto cidadá. Así se ve e así se escoitou a tradicional pegada de carteis en Pontevedra. Atentos aos matices.

    Continuar lendo »

  •  
  • 21-O: PPdeG, PSdeG e BNG fronte ao desencanto

    21-O: PPdeG, PSdeG e BNG fronte ao desencanto

    PPdeG, PSdeG e BNG, os tres grupos políticos ‘clásicos’ do panorama electoral galego, afrontan as eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro có reto de combatir o desencanto e a desafección cidadá ante as vellas maneiras de facer política. Pontevedra será unha provincia clave na carreira por ocupar San Caetano, e por eso será Alberto Núñez Feijóo o cabeza de lista do PPdeG; Abel Losada, ex-voceiro dos socialistas no Parlamento, o do PSdeG; e Carlos Aymerich, ex-voceiro dos nacionalistas na cámara galega, o do BNG. Todos eles presentaron xa na cidade aos seus equipos electorales.

    Continuar lendo »

  • 21-O: Alternativa e Compromiso, dous novos camiños

    21-O: Alternativa e Compromiso, dous novos camiños

    Son os números un das listas na provincia de Pontevedra de dúas novas formacións políticas que aspiran a obter representación nas vindeiras eleccións autonómicas. Son Juan Fajardo, de Alternativa Galega de Esquerda, e Rafael Cuíña, de Compromiso x Galicia. Ámbolos dous e os seus compañeiros pasaron recentemente pola cidade para presentar as súas candidaturas e explicar os lemas dos seus partidos: ‘Hai que paralos’, o de Alternativa, e ‘A túa voz’, o de Compromiso. Alternativa e Compromiso: dous novos camiños abertos cara o 21-O.

    Continuar lendo »

 
 

Redes sociais