Inicio » General

  • Final Club de Debate

    Final Club de Debate

    O IES Sánchez Cantón foi o gañador da Fase Final do Club de Debate de Pontevedra, que celebrou a súa fase final no Café Moderno cunha grande expectación. As propostas dos dous equipos, Sánchez Cantón e Ponte Caldelas, resultaron brillantes e moi traballadas. O resultado final foi moi axustado: IES Sánchez Cantón. 198,5 puntos IES de Ponte Caldelas. 196 puntos. O equipo do IES Sánchez Cantón representará a Pontevedra na fase galega o 4 de maio en Santiago de Compostela; o tema dos debates será “O galego é [...]

    Continuar lendo »

  • Final da XXII Edición do Concurso de Murgas

    Final da XXII Edición do Concurso de Murgas

    Aquí tendes a final do XXII Concurso de Murgas, despois de deliberar o xurado quedou a clasificación con resultado seguinte: Murga PTV “Penitentes de Toda la Vida” – Pontevedra 60 puntos. (2h:13m aprox) Murga feminina “Lo que el Gobierno se llevó” – Pontevedra 54 puntos. (1h:33m aprox) Murga “Os da Bayuca” . O Grove 52 puntos. (20m aprox) Murga “Equipo Ja” – Pontevedra 49 puntos. (53m aprox)

    Continuar lendo »

  • Ponte.tv en proceso de cambio: estreamos nova cabeceira

    Ponte.tv en proceso de cambio: estreamos nova cabeceira

    En Ponte.tv andamos inmersos nun proceso de cambio. Paseniño, sen facer ruído. E agora decidimos darlle unha volta á nosa imaxe. E por iso contamos coa colaboración de Sabela Sampedro, a creadora da nosa nova cabeceira, unha muller que, ademais dunha artista e dun talento galego, é realizadora e postprodutora audiovisual. O seu traballo é unha pequena mostra do camiño que collemos e que escollemos: agardamos que vos guste tanto como a nós.

    Continuar lendo »

  •  
  • Ponte.tv: chegamos ás 100.000 visitas!!!!

    Ponte.tv: chegamos ás 100.000 visitas!!!!

    Ponte.tv, a túa cidade na rede naceu o pasado 5 de marzo. Hoxe, exactamente cinco meses despois, o noso amigo Google Analytics acaba de darnos unha boa nova: chegamos ás 100.000 visitas!!!! Cen mil visitas que chegan dende todas partes. Pontevedra non ten fronteiras e Ponte.tv moito menos. Nada tería sido posible sen todos vós, que nos apoiastes e nos apoiades, e por este motivo non podemos decir outra cousa máis que grazas outra vez: Cen mil veces grazas e cen mil apertas máis grandes aínda. Nós temos corda aínda para rato.

    Continuar lendo »

  • Unha peregrinación a toda velocidade

    Unha peregrinación a toda velocidade

    De Tui a Santiago a toda velocidade. A carreira-peregrinación organizada pola Brilat de Pontevedra, que as primeiras patrullas pertencentes a diversas unidades do Exército rematan en pouco máis de 30 horas, rematou onte na Praza da Obradoiro e a falta dos resultados oficiais, os primeiros postos estarán entre a Lexión, os Zapadores, o Batallón Toledo de Asturias e o grupo de Artillería, estes tres últimos pertencentes á Brigada de Infantería Aerotransportable de Figueirido. Aquí vos deixamos parte das probas que tiveron que afrontar en Cotorredondo e na Base General Morillo.

    Continuar lendo »

  • Gran Wyoming: “Ponte.tv é a alternativa necesaria”

    Gran Wyoming: “Ponte.tv é a alternativa necesaria”

    Estivemos co Gran Wyoming e os seus Insolventes na Sala Karma. Aproveitamos o noso encontro para explicarlle quen somos e que facemos. Non fixo falta moito máis. Colleu unha das nosas camisetas e lanzouse a recomendarvos a todos que conectedes con nós porque, como el mesmo dixo: “Ponte.tv é a alternativa necesaria”. Isto só é un pequeno adianto da conversa que mantivemos con el e do que estamos preparando. Grazas Wyoming.

    Continuar lendo »

  •  
  • Ponte.tv, a túa cidade na rede

    Ponte.tv, a túa cidade na rede

    Pontevedra demanda novos proxectos. E Ponte.tv, a túa cidade na rede o é. Áxil e innovador. Unha nova andaina sustentada nas novas tecnoloxías pensada para comunicar e interactuar na nosa cidade.

    Continuar lendo »

 
 

Redes sociais