Responsabilidade
Se o outro día diciamos que as visitas á nosa humilde páxina web superaban as 50.000 hoxe podemos dicir que xa andamos polas 52.200. As cifras superan con moito as nosas expectativas. Achegarmos a estes números en seis semanas ‘no aire’ e seguir medrando é posible grazas a vós e a todos aqueles que viron no noso proxecto unha idea atractiva, innovadora e arriscada en metade desta tempestade económica na que nos meteron un feixe de insensatos xa fai tempo. [...]

