Representantes dos máis diversos sectores da sociedade pontevedresa uníronse a pasada semana para escenificar e facer público o seu rexeitamento á decisión da Deputación de Pontevedra de convertir o Museo de Pontevedra nun servizo máis do ente provincial tras aprobar en Pleno a eliminación do seu actual status. O acto tivo lugar no Pazo de Mugartegui, e todos os participantes, vinculados a diferentes sensibilidades políticas, non aforraron críticas ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, ao que demandaron que deixe sen efecto a súa decisión inicial e non politice a xestión do Museo.
Xosé Fortes, Bernardo López Abadín -ex vicepresidente da Deputación-, Sabino Torres, Teresa Casal, Salomé Álvarez, Carlos Lino ou Ramón Regueira foron algúns dos moitos que levantaron a súa voz para defender un Museo de Pontevedra, segundo expuxeron, libre de inxerencias políticas.







0 Comentarios
Se o primeiro en comentar!