Responsabilidade

Se o outro día diciamos que as visitas á nosa humilde páxina web superaban as 50.000 hoxe podemos dicir que xa andamos polas 52.200. As cifras superan con moito as nosas expectativas. Achegarmos a estes números en seis semanas ‘no aire’ e seguir medrando é posible grazas a vós e a todos aqueles que viron no noso proxecto unha idea atractiva, innovadora e arriscada en metade desta tempestade económica na que nos meteron un feixe de insensatos xa fai tempo. Saber que o que facemos e vos trasladamos gusta é un motivo extraordinario de orgullo. Pero é tamén un feito que nos obriga a un exercicio diario de responsabilidade para manternos á altura das vosas expectativas. Nós aceptamos o reto e queremos darvos as grazas por ter confiado o voso valioso tempo á tarefa de ver o noso traballo, o traballo de Ponte.tv, neste recuncho da Internet.

 
 

 

0 Comentarios

Se o primeiro en comentar!

Deixa un Comentario

 
 




 

 

Redes sociais