O Pontevedra C. F. acadou na tarde de onte un traballado triunfo ante a SCD Órdenes por 2 goles a 1. O equipo de Milo Abilleira tivo que remontar un gol en contra despois dunha xenialidade de Carlos Padín no tramo final da primeira parte. A acción do catoirense, vello coñecido da grada granate, puxo en pé a todo Pasarón. A segunda parte do encontro, na que o equipo coruñés perdeu a Padín por lesión e a Fiuza e a Álvaro por expulsión, foi un monólogo do Pontevedra C. F. e Lorenzo un espectador máis do partido. A acción do empate chegou despois dunha xogada ben elaborada e dun certeiro remate de cabeza de Manu Barreiro. A partir de ahí, foi cuestión de tempo o gol da victoria, que se produxo á saída dun córner moi protestado polos xogadores da SCD Órdenes. Pablo Ruíz estivo impecable no remate. O Pontevedra suma un novo triunfo para non descolgarse dos postos de promoción de ascenso.
Recomendados
-
No mar da Ferrería
-
Final da XXII Edición do Concurso de Murgas
-
“AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS”
-
Premios Cidade de Pontevedra 2012
-
Manuel Aramburu: Da infancia á madurez
El tiempo en Pontevedra
Etiquetas
21-O
Amencer-Aspace
BNG
Cidade
CIG
Cociña galega
Concello
Concello de Pontevedra
Concerto
David Cal
deportes
Deputación
Deputación de Pontevedra
Eleccións autonómicas
Ence
Exposición
Fútbol
Jacobo Moreira
Luís Bará
Manifestación
Miguel Anxo Fernández Lores
Milo Abelleira
Museo
Museo de Pontevedra
Novagalicia Banco
Pasarón
Pazo da Cultura
Pepe Solla
Pleno municipal
Política
Ponte.tv
Pontevedra C. F.
Pontevedra CF
Portada
PP
PPdeG
PSdeG
PSdeG-PSOE
Rafael Louzán
Sala Karma
Santi Domínguez
Tenis de Mesa
Teresa Portela
Turismo
UGT



1 Comentario
Excepcional resumo. As miñas felicitaciones ao equipo que o fixo.