Unha noite de retranca coas Murgas

Tralo desembarco pirata, tocoulle o turno á final do concurso de Murgas que se celebrou nun ateigado Pazo da Cultura. O xurado concluíu que os gañadores foran A familia i-real, deixando o segundo posto para a Murga feminina de Pontevedra: de murgueras a rocieras. O terceiro premio foi a parar Os do Val do Lérez, e o cuarto posto recaeu nos AMoriños de Bora.

Ben sabedes todos que na noite do venres 24 ao sábado 25 as prazas e rúas da cidade acolleron tamén a XVII Mostra da Parodia do Entroido, na que participaron Os do Val do Lérez (Benito Corbal entre aparcamento de Bicis e Daniel de la Sota); Vamos a todo: Coro de Cospedal en el año mariano (Escaleira praza de Ourense- Saboy); Amoriños de Bora ( praza da Peregrina); Os das pistas (Casa Alcalde); Os destrajos da lúa (Cruzamento Michelena-Gutiérrez Mellado); Os de sempre (Praza de Curros Enríquez); Equipo Ja (Benito Corbal diante do estanco); Locaina (Paseo Antonio Odriozola); As fogueiras de Sanxenxo: Loliña (Praza da Ferraría); Clave de Sol: Rock in río Léres (Praza de España); Osdeaki (Praza de España).

 
 

 

0 Comentarios

Se o primeiro en comentar!

Deixa un Comentario

 
 




 

 

Redes sociais