John Balan: A morte é inoxidable

Grazas a esta peza cedida por Manolo Yáñez Ponte.tv súmase á lembranza da figura do gran John Balan cando se cumpren catro anos da súa desaparición. Este documento sírvenos ademais para inaugurar o noso Galpón, un lugar ben coidado, porque nós non temos finca nin chalet, onde irán a parar eses traballos artesanais que nos vaian chegando e que vaiamos facendo. Deste xeito, aproveitamos tamén para apoiar a iniciativa que un grupo de amigos do último cowboy das Rías Baixas está a promover para que Pontevedra recoñeza en forma de escultura a este artista único. E lembrade, como dicía John, que “un hombre sin dinero es un bulto sospechoso”, e os que nos embarcamos neste proxecto somos xa sospeitosos habituais.

 
 

 

8 Comentarios

  1. Manuls di:

    Gran vídeo para un gran personaxe. A verdade é que non se lle valorou todo o que foi así que espero que o de poñerlle unha escultura se leve a cabo, xa que o merece.

  2. Esther di:

    Lo recuerdo perfectamente paseando por el centro de Pontevedra con su sombrero, su cinturón y sus botas… por supuesto saludando en inglés, era auténtico y buena persona.
    Un reportaje lindo y emotivo que a mi por lo menos, me hizo sonreir al verlo y volver al pasado.

  3. Alberto Carballo di:

    Con este vídeo faixe xusta e merecida homenaxe a quen durante anos foi o noso particular “cowboy” pontevedrés. Moitísimas gracias amigos!!! Sei, que Jhon, aló, polo seu peculiar prado verde, galopando nun trole blanco, estará a vixiar ós “cuatreros” para que non rouben as peras do cemiterio. Grazas J. Balan!!!

  4. E magoa que traballos audiovisuais coma este non cheguen a tantas xentes, que, non soio os sorprenderían senón que ata os encherían de esa necesidade que todos temos de ocupar un anaquiño de tempo ben ocupado.
    Eu tamén tiven a inmensa sorte de grabar e montar algún anuncio para aquela xa desaparecida Televisión de Pontevedra onde Balan era o protagonista dunha morea de colchons para durmir. É agora que ollando este gran traballo volto a lembrar ó Balan actor e ó Balan humán.
    Grazas Yañez. Grazas Ponte.tv por achegarnos a estes documentais.
    Estades a facer un bo traballo. Seguide nesa línea. ¡ Ánimo !

  5. Recordar a Balan me parece una obligación de todo pontevedrés bien nacido. Apoyo la idea y me ofrezco para lo que podais necesitarme. He pasado ratos muy felices con Balan cuando yo era Hurumbara. De la mano de Xan d’as Canicas actuamos por casi todos los teatros de Galicia y siempre Balan era el número importante y que atraía al público. Llegué a conocerlo y aseguro que es uno de los personaje más importantes que he conocido.
    Adelante con la idea.

  6. Anxo di:

    Mirando esta reportaxe non sei se me complace máis o recordo de John Balan, un deses excéntricos marabillosos que marcaron a paisaxe de Pontevedra hai algunhas décadas, ou poder gozar unha vez máis do excelente traballo de Manolo Yáñez.

  7. Victor di:

    Sempre sentín unha atracción os personaxes de ialma como Bukowsky, persoas que a inmensa maioria, non toman en serio, ou incluso se sirven delas para a risa, ou pasar un momento divertido a sua conta.Persoas, que para a inmensa maioria,eran eternos”perdedores”. Fun vecinho de Manolo, perdón queria dicir JHON BALAN, e tenhome pasado horas e horas no bar Timonel de Genucho, na de Cruz, ou incluso no quiosco,que mentres o tivemos, nos vinha a visitares todolos dias sen faltar un só.
    Sempre me atraiu a sua rapidez para sacar esas frases que forman parte xa da historia dos habitantes do “Matadoiro”, onde ten unha praza co seu nome, cando todavía vivia alí, de Seixo, Pontevedra…….As suas peliculas, de estilo radiofónico, a suas actuacións nas festas do Carme de Seixo, onde a xente acudía a mansalva e enchía cada recuncho do adro, mais ca propia orquestra de turno, por moi boa que esta fose. Con unha porta, e alguén que ya sostivese, xa facía festa, e arrincaba sorrisos e gargalladas a todo o mundo grandes e pequenos,tinha ailma de artista.
    Fai catro anos tiven un grave accidente, pasei deitado sen moverme moito tempo, e un dia, dixeronme que Balan, estava no mesmo hospital ca min, o primeiro que fixen cando me levantaron da cama, con un corsé que apenas me deixaba mover,foi ir xunta él, era a mellor homenaxe a un artista con alma de Bukowsky, era a mellor persoa que sabia arrancarme un sorriso,e eu a él.Reconhoceume o instante, chamoume polo mote do meu abó en diminutivo, con aquel carinho e simpatia. Mantinhase Balan, pero JHON, xa non estaba, a banda estaba partindo para outro lugar onde seguira tocando, e actuando arrancando sorrisos, e anecdotasl, coa mesma humildade dos grandes. E eu tiven o inmenso privilexio de pasar con él, aqueles ultimos momentos antes de marchar, para a esmorga eterna. No meu recordo, no meu corazon, sempre Manolo, perdon queria dicir O GRAN JHON BALAN !!!!!!

  8. Pepe Ramos di:

    Magnifíco video, que honra a un gran personaje.

    Enhorabuena

    Pepe Ramos

Deixa un Comentario

 
 




 

 

Redes sociais